Ivan Řehák, nado en Bratislava o 2 de setembro de 1954, é un medallista e deseñador de moeda eslovaco."Ivan Řehák". ABART.

Traxectoria Ivan Řehák estudou Relevo de Escultura con Rudolf Pribiš na escola da Academia de Belas Artes e Deseño de Bratislava de 1973 a 1979."Ivan Řehák". Mince na území Slovenska."Ivan Řehák". Prazska Mincovna.

Řehák é docente no departamento de Arquitectura da facultade de Enxeñaría Civil da Universidade Técnica Eslovaca en Bratislava, cidade esta na que reside.

Obra Aínda que a súa obra abrangue tamén a pintura e o debuxo, o máis salientable das súas creacións está na medallística. Algunhas das súas medallas están dedicadas a personaxes como Rodolfo II de Habsburgo (2012), Galileo Galilei (2014), Arthur Conan Doyle (2014) ou Maximiliano II (2015), ou a temas como a capitalidade real de Praga (2013), a Ponte de Carlos (2014) ou a Catedral de San Vito (2014).

Nas súas creacións utiliza a modo de sinatura as súas iniciais IR superpostas e estilizadas. miniatura|260x260px|Moedas dun euro eslovacas co anverso deseñado por Ivan Řehák Como medallista participou nas exposicións internacionais da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM) en países como Francia, Portugal, os Estados Unidos, Finlandia ou o Reino Unido.

Řehák deseñou ademais varias moedas para a República Checa e para Eslovaquia. No primeiro caso é autor de senllas moedas conmemorativas de 200 coroas checas datadas en 2010, en tanto que para Eslovaquia foi o creador do anverso nacional das moedas dun euro e de dous euros circulantes, que comezaron a cuñarse en 2009, así como diversas emisións conmemorativas co valor facial en euros.Moedas deseñadas por Ivan Řehák. Numista.com

O seu anverso da moeda de dous euros cuñada pola Casa da Moeda de Eslovaquia foi galardoado por Krause Publications co Premio Moeda do Ano de 2011 á mellor moeda comercial emitida en 2009."Krause Publications Announces Coin of the Year Award Winners". En Coins Weekly. 17 de novembro de 2010.Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Bratislava Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Artistas de Eslovaquia Categoría:Profesores da Universidade Técnica Eslovaca en Bratislava Categoría:Personalidades sen imaxes