Why? (estilizado como WHY?) é unha banda estadounidense de hip hop alternativo e indie rock. O grupo foi fundado en 2004 polo rapeiro e cantante de Cincinnati Yoni Wolf, que vén usando Why? como o seu nome artístico dende 1997. Ademais de Wolf, que é o principal vocalista e toca varios instrumentos, a banda está composta polos multiinstrumentistas e coristas Doug McDiarmid e Matt Meldon, e o batería e corista Josiah Wolf, que é o irmán máis vello de Yoni Wolf.
A banda leva publicados seis álbums de estudio, xunto con varios EPs, demos, e álbums ao vivo. O seu primeiro disco, Elephant Eyelash de 2005, chegou dous anos despois do derradeiro traballo de Yoni Wolf como Why? en solitario. Tras este disco a banda lanzou Alopecia (2008), Eskimo Snow (2009), Mumps, Etc. (2012), Moh Lhean (2017), e AOKOHIO (2019).
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloElephant Eyelash2005AnticonAlopecia2008AnticonEskimo Snow2009AnticonMumps, Etc.2012Anticon, City SlangMoh Lhean2017Joyful Noise RecordingsAOKOHIO2019Joyful Noise Recordings
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de hip hop Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 2004