Joaquín Lage Fernández, coñecido como Xoqui, nado en Quilous (Cacabelos) en 1913 e finado en Francia, foi un mineiro e guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
Mineiro e militante libertario de Quilous. Logo da caída de Asturias en outubro de 1937 foi líder dun grupo da zona de Arganza e Cacabelos. Despois formou parte do grupo de Florentino Rodríguez Pico ata 1940, cando o grupo foi disolto. Con Antonio Vega Guerrero, outro supervivente do grupo, sumáronse ao grupo do cenetista Serafín Fernández Ramón e á Federación de Guerrillas de León-Galicia. Joaquín Lage logrou marchar a Francia en 1948.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Cacabelos Categoría:Nados en 1913