Segundo algúns autores, a dos oxiurinos (Oxyurinae) é unha subfamilia de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos.
Características A maioría dos seus membros son patos, algúns denominados raboalzados, que teñen as plumas da cola longas, que se erixen cando a ave está en repouso.
A excepción é Heteronetta atricapilla que se parece máis a un pato típico provisto de cola curta.
Costumes Son todos mergulladores de auga doce, provistos de patas curtas que lles fan que sexan torpes na terra, polo que raramente deixan a auga.
Cortexo sexual O seu cortexo sexual é raro e involucra un tamborileo emitido pola súa gorxa e bolsas inchábeis, axitando a cabeza, e erixindo as súas curtas cristas.
Taxonomía Descrición O grupo foi descrito polo naturalista e ornitólogo inglés William Swainson en 1831.
Os oxiurinos inclúen 4 xéneros, 3 deles monotípicos, con 8 especies viventes.
Nota taxonómica Algúns autores non recoñecen esta subfamilia, e as súas especies clasifícanas dentro da subfamilia dos anatinos.Peterson, A. P.: Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes.
Xéneros, especies e distribución OxyuraEspecieDistribuciónImaxeOxyura australisAustralia100px Oxyura jamaicensisAmérica100px Raboalzado de cabeza brancaEuropa100px Oxyura maccoaÁfrica100pxOxyura vittataSuramérica100px
NomonyxEspecieDistribuciónImaxeNomonyx dominicusAntillas100px BiziuraEspecieDistribuciónImaxeBiziura lobataAustralia e Tasmania100px HeteronettaEspecieDistribuciónImaxeHeteronetta atricapilla Suramérica100px
Notas
Categoría:Anátidos