miniatura|240px|En Rionegro, Antioquia, Colombia O raboalzado mascarado (Nomonyx dominicus) é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos oxiurinos, a única incluída no xénero Nomonyx.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1880 polo naturalista e ornitólogo estadounidense Robert Ridgway.Nomonyx dominicus (Linnaeus, 1766) no GBIF. Consultado o 27 de outubro de 2022.

Sinónimos da especie Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Anas dominica Linnaeus, 1766 (protónimo) Nomonix dominicus (Linnaeus, 1766) Nomonyx dominica (Linnaeus, 1766) Oxyura dominica (Linnaeus, 1766) Oxyura dominica dominica Sibley & Monroe, 1990

Subespecies Recoñécense as dúas subespecies: Nomonyx dominicus dominicus Sibley & Monroe, 1990 Nomonyx dominicus jamaicensis Sibley & Monroe, 1990

Nota taxonómica O único membro do xénero Nomonyx é intermedio entre o bastante primitivo Heteronetta atricapilla e os moi apomorfos patos de cola ríxida (do xénero Oxyura). Ás veces inclúese con este último xénero, pero ao parecer é descendente dun elo perdido na evolución dos oxiurinos, que cambiaron, pero pouco, durante millóns de anos.

Distribución é hábitat Distribución O raboalzado mascarado encóntrase no sur de América do Norte, Centroamérica e América do Sur. Está presente nas Antillas.

Hábitat Habita nas zonas pantanosas tropicais. Tense visto nos mangleirais. Está documentado desde o nivel do mar até os 800 msnm.

Características Mide de 30 a 35 cm de lonxitude, e a súa masa corporal oscila entre os 300 e os 400 g.

É máis confiado que outras especies de oxiurinos, pero ocúltase entre a vexetación.

Flota semiafundido. Non eleva a cola. É máis voador que o resto dos patos mergulladores, mostrando unha mancha central nas ás. Presenta a carúncula, a cara e a barba negras. O dorso está manchado de negro. A femia presenta dúas notábeis fraxas ocráceas na cara, amourada, pero non presenta a coloración avermellada no pescozo e na caluga do macho.

Nutrición Este pato aliméntanse principalmente de sementes, raíces, caules e follas de plantas acuáticas.Nomonyx dominicus en The Online Guide to the Animals of Trinidad and Tobago]. Tamén comen insectos acuáticos e crustáceos. Aliméntanse mergullando.

Reprodución Reprodúcese en calquera corpo de auga doce con vexetación pantanosa e rodeados dunha densa cobertura arbórea.

A niñada consiste de catro a seis ovos, aínda que se han rexistraron niñadas de até dez e oioto ovos. A incubación dura uns 28 días.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, qua a tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación. O tamaño da poboación podería estar dentro dun amplo rango de moderadamente pequeno a moi grande, pero non se pensa que se aproxime aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos o status da especie é avaliada como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2021): Nomonyx dominicus na Lista vermella da UICN. Versión 2022. Consultada o 27 de outubro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi, eds. (1992): Handbook of Birds of the World. Volume 1: Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5. Sibley, David Allen (2000): The Sibley Guide to Birds. Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-6794-5122-8.

Outros artigos Anseriformes Anátidos Oxiurinos

Ligazóns externas Nomonyx dominicus (Linnaeus 1766) na EOL.

Categoría:Anátidos Categoría:Aves de América Central Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Taxons descritos por Linné