Nelly Hedwig Diener, nada o 5 de febreiro de 1912 e finada preto de Tuttlingen (Alemaña) o 27 de xullo de 1934, foi unha auxiliar de voo suíza. Foi a primeira asistente de voo feminina en Europa.
Traxectoria miniatura|dereita|Nelly Diener na cociña do Curtiss AT-32C Condor II en 1934. miniatura|dereita|Nelly Diener con pasaxeiros na cabina do Curtiss AT-32C Condor II en 1934. A principios de 1934 Diener converteuse na primeira auxiliar de voo feminina en Europa, para a aeroliña suíza Swissair. A revista Aero-Revue louvouna como unha «dama loura, de pelo crecho e longas pestanas» e bautizouna como Engel der Lüfte («Anxo do aire»). Diener era coñecida por consentir os seus pasaxeiros con alimentos e bebidas que ela mesma preparaba. Nos primeiros anos de Swissair o prezo do voo non incluía cáterin, pois nos primeiros avións comerciais non había espazo para unha cociña. Só se ofrecían té, café, sándwichs, sopa e froita.
Diener faláballes de maneira tranquilizadora aos pasaxeiros que sufrían de medo a voar. Con moitos xogaba ás cartas ou tecía para distraelos, interpretaban cancións xuntos ou mesmo cantaba. Os asistentes de voo de Swissair inicialmente traballaban sen uniforme, simplemente cun mandil branco. Porén, as imaxes contemporáneas fóra do avión mostran a Diener cunha chaqueta de voo, pantalóns e chapeu. O título do seu traballo indícase nunha postal como «Stewardess do avión de alta velocidade "Cóndor" de Swissair». Nelly Diener chegou a ser coñecida alén das fronteiras do seu país.
Morte Nelly Diener morreu despois de 83 voos no accidente de Swissair en Tuttlingen o 27 de xullo de 1934 na ruta Zürich-Berlín, preto de Wurmlingen (Baden-Württemberg, Alemaña). No accidente morreron tamén os nove pasaxeiros e os outros dous membros da tripulación, o piloto, Armin Mühlematter, e o navegador de radio, Hans Daschinger.
O informe de Swissair sobre o ano financeiro de 1934 detalla o accidente e as súas causas:
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ellen Church
Categoría:Finados en accidente aéreo Categoría:Personalidades da aviación Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1934