Raimundo IV de Trípoli, finado en 1199, foi conde de Trípoli (1187-1189 ) e príncipe rexente de Antioquía (1193-1194).Lock, 2006, p. 79 Era o fillo máis vello de Bohemundo III, príncipe de Antioquía e Orgueilleuse de Harenc.Runciman 1989a, p. 470
Traxectoria O conde de Trípoli, Raimundo III de Trípoli, morreu sen fillos en 1187 e, por ser o seu afillado, legoulle o seu condado. Pero dous anos despois, seu pai, Bohemundo III prefiriu chamalo ao seu carón e nomealo herdeiro do principado de Antioquía polo que colocou a seu fillo máis novo, Bohemundo I de Trípoli (o futuro Bohemundo IV de Antioquía), como conde de Trípoli.Burgtorf 2016, p. 198
Crise co reino armenio de Cilicia O seu pai entrou en disputa co rei de Armenia Menor, León I, por mor do castelo de Bagras, que o armenio conquistara aos musulmáns, pero que antes fora propiedade do principado de Antioquía e, polo tanto, reclamoullo. León I, non só non lle devolveu a Bagras senón que tamén o encarcerou facéndolle crer que o chamaba para discutir o asunto.
Durante a catividade do seu pai, Raimundo foi rexente do Principado de Antioquia. Para liberalo, o rei armenio pediulle a cambio do goberno de Antioquía, e este aceptou, pero a cidade, constituída en comuna baixo a dirección do patriarca Eimerico de Limoges, negouse a facer o que lle pedían. Dixéronlles que a comuna de Antioquia só recoñecía a autoridade de Raimundo até o regreso de Bohemundo.Hardwicke 1969, p. 527
A solución a esta crise chegou, polo 1195, co matrimonio entre Raimundo coa princesa Alicia de Armenia, sobriña de Léon e filla de Rubén III de Armenia.Runciman 1989b, p. 89 Para casar, pediron permiso ao rei de Xerusalén, Henrique I, que accedeu cando o tío de Alicia liberou o pai de Ramón, o príncipe Bohemundo III. Tiveron un fillo, Raimundo Rubén de AntioquíaGrousset 1949, p. 648 (nado en 1199, e finado en 1221), a quen moitos consideraron o lexítimo herdeiro ao trono e que loitou pola súa herdanza como neto de Bohemundo III.Burgtorf 2016, p. 199 Raimundo IV morreu en 1199, pouco despois de ter o seu fillo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Condado de Trípoli Principado de Antioquía
Categoría:Finados en 1199 Categoría:Nados no século XII Categoría:Condes de Trípoli