Magda Torres Gurza, nada en Cidade de México o 10 de maio de 1974, é unha pintora mexicana, dedicada principalmente ao hiperrealismo.
Traxectoria miniatura|dereita|La hora del té, Óleo sobre lenzo, 90x140 cm, 2015.
Primeiros anos A súa nai pintora apoiouna para converterse en pintora. Debido a un grave accidente aos 18 anos, que ameazaba coa perda da visión, decidiu dedicarse de cheo ao traballo da pintura.
Formación e recoñecementos Comezou os seus estudos no Instituto Regional de Bellas Artes, onde obtivo unha Mención de Honra en 1993, o mesmo ano no que realizou a súa primeira exposición.
Cursou unha diplomatura en Historia da Arte, outra en Técnicas e Materiais para as Artes Plásticas e a licenciatura en Fotografía.
Entre 2002 e 2013, recibiu múltiples premios como artista e docente, como o do Consejo Nacional para la Cultura y las Artes e o da Casa-Museo David Alfaro Siqueiros.
Outras actividades A través do seu traballo altruísta axudou a colectivos como os nenos da rúa ou pintores sen mans. En 2013 creou o proxecto “Artistas al Cubo”, conseguindo reunir a participación de máis de 550 artistas que transformaron cubos en obras de arte, levándoos á poxa para apoiar o tratamento de nenos con enfermidades terminais, como o cancro e a sida, atendidos no Hospital Infantil Morelense. Tamén en 2013 participou no proxecto Encorazona2, en apoio a nenos con deficiencias visuais.
Selección de mostras individuais e colectivas
2015 - Peza do mes, Museo Fundación Santiago Carbonell, México 2015 - Día Mundial da Arte, Museo José Luis Cuevas, México 2015 - Primeira Bienal de Arte de Barcelona, Museo Europeo de Arte Moderna, Barcelona, 2015 - Feira Internacional de Arte de Ámsterdam, Beurs Van Berlage, Ámsterdam, Países Baixos 2014 - Día Mundial da Arte, Museo José Luis Cuevas, México 2014 - Spain Art Open House, Salamanca. 2014 - Para Dos, Museo Torres Bicentenario, Toluca, Estado de México 2013 - "8 in art" Centro Cultural de Santiago, República Dominicana 2012 - Taller MTG, Mission del Sol, Cuernavaca, México 2004 - "Mujeres en el Arte", Instituto de Cultura de Morelos, México 2004 - La Tallera, Museo Casa Estudio de David Alfaro Siqueiros, Cuernavaca, México
Selección de premios e distincións
2013 - Primeiro lugar na Amérique Latin Art Competition, París, Francia 2013 - Peza do mes, Museo Torres Bicentenario, Toluca, Estado de México
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Hiperrealismo Ligazóns externas Páxina persoal
Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1974 Categoría:Pintores de México