Miren Uxue Barkos Berruezo,Casa Real nada en Pamplona o 5 de xullo de 1964, é unha política Navarra, presidenta do Goberno de Navarra entre 2015 e 2019. Defínese a si mesma como progresista, vasquista,Barkos: "Seré la voz de los navarros vasquistas y progresistas" , Deia, 20 de decembro de 2011. abertzale e independentista.Entrevista a Uxue Barkos , Gara, 11 de novembro de 2011. Deputada no Congreso de 2004 a 2015 (durante as lexislaturas VIII e IX en representación de Nafarroa Bai, e durante a X Lexislatura en representación de Geroa Bai), tamén foi voceira de Nafarroa Bai no Concello de Pamplona dende 2007 até 2015. Dende setembro de 2011 lidera a asociación Zabaltzen, integrada na coalición Geroa Bai pola que foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Navarra de 2015.
Traxectoria Estudou na ikastola San Fermín. É Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, e está casada e ten un fillo.
Traballou como locutora en RNE e TVE en Navarra, no xornal Navarra Hoy e en 1990 en Euskal Telebista (ETB), onde ten realizado labores de redacción na súa corresponsalía de Pamplona, posteriormente no centro de Informativos de Iurreta e na corresponsalía de ETB en Madrid.
Foi deputada por Navarra elixida nas listas da coalición nacionalista vasca Nafarroa Bai ('Navarra Si' en éuscaro), aínda que no Congreso dos Deputados estaba integrada no grupo mixto.
Notas
Categoría:Presidentes do Goberno de Navarra Categoría:Políticos de Navarra Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nacionalistas vascos Categoría:Nados en 1964 Categoría:Políticos de Nafarroa Bai Categoría:Políticos de Geroa Bai Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)