Plácido Rivera Cociña, coñecido como Plácido, nado en Galdo (Viveiro) cara a 1910, foi un mineiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fillo de Dolores Rivera Cociña. Mineiro militante da CNT de Viveiro. Na República era alcalde pedáneo de Galdo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos organizadores da resistencia en Viveiro e dunha columna de milicianos que partiu de Viveiro cara Coruña. Fuxiu e foi xulgado por rebelión na causa 333/37 e declarado en rebeldía.BOP Lugo, 17-4-1937, p. 2. Foi detido o 25 de marzo de 1940 e retomouse o seu proceso, sendo condenado a 12 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOP Lugo, 4-7-1941, p. 3. O 25 de setembro de 1941 foi conducido á prisión de Sevilla. Nos anos corenta integrouse no Grupo Neira. Encartado na causa 409/44 por atraco a man armada, foi reclamado polo xuíz militar de Lugo en xuño de 1945.BOP Lugo, 11-6-1945, p. 2. Foi novamente procesado en 1946 polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo nas causas 402/45,BOP Lugo, 22-4-1946, p. 2. e 386/45 por roubo a man armada.BOP Lugo, 26-4-1946, p. 4. Incorporouse ao grupo de Leonardo Gómez Pérez da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia na zona de Lugo. Foi novamente procesado en 1949 polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo na causa 339/49 xunto con Amador Iglesias Pardo, Modesto Serantes, Jesús Iglesias Escourido e Juan Casabella.Requisitorias, El Progreso, 13-11-1949, p. 2. Publicouse unha nova requisitoria contra eles en abril de 1950.El Progreso, 21-4-1950, p. 2. Presentouse ás autoridades o 4 de novembro de 1951. Xulgado, foi condenado a prisión. Preso na Colonia Penitenciaria del Dueso (Santoña), saíu en liberdade provisional en 1959.BOE, 17-4-1959, p. 5771.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1910