miniatura|240px|Zantedeschia aethiopica miniatura|240px|Zantedeschia elliottiana miniatura|240px|Cultivar de Zantedeschia rehmanii 'Neon Amour' miniatura|240px|Zantedeschia elliotiana × maculata 'Lemon Drop'

Zantedeschia é un xénero da división das magnoliófitas (anxiospermas), clase das liliópsidas, orde das alismatales e familia das aráceas.

É o unico xénero da subfamilia das aroideas (Aroideae) e da tribo das zantedesquieas.

Comprende oito especies de plantas herbáceas, perennes, orixinarias do sur de África, desde Malawi até Suráfrica. O xénero foi introducido en todos os continentes excepto na Antártida. Coñécense co nome de cala, pero non deben conrudirse coa cala, do xénero Calla, tamén da mesma familia, pero doutra subfamilia.

As flores e follas coloridas destas especies e os seus cultivares son moi apreciadas e adoitan cultivarse como plantas ornamentais.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1826 polo médico e botánico alemán Kurt Polycarp Joachim Sprengel,Zantedeschia Spreng na BioLib. Consulatada o 1 de novembro de 2022,Zantedeschia Spreng. En World Checklist of Selected Plant Families. Royal Botanic Gardens Kew., nun trabalo publicado en Systema Vegetabilium, editio decima sexta 3: 756-765.

Etimoloxía O nome do xénero foi dado como homenaxe ao botánico italiano Giovanni Zantedeschi (1773–1846) polo botánico alemán Kurt Sprengel (1766–1833).

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Arodes Heist. ex Kuntze Colocasia Link Houttinia Neck. Otosma Raf. Pseudohomalomena A.D. Hawkes Richardia Kunth

Especies No xénero recoñécense as 8 especies seguintes: Zantedeschia aethiopica (L.) Spreng. Zantedeschia albomaculata (Hook.) Baill. Zantedeschia elliottiana (W.Watson) Engl. Zantedeschia jucunda Letty Zantedeschia odorata P.L.Perry Zantedeschia pentlandii (R.Whyte ex W.Watson) Wittm. Zantedeschia rehmannii Engl. Zantedeschia valida (Letty) Y.Singh

A especie tipo é Zantedeschia aethiopica (L.) Spreng. (O protónimo de Linneo era Calla aethiopica).Index Nominum Genericorum , en Tropicos.

Características As especies de Zantedeschia teñen un rizoma herbáceo que alcanza de 1 a 2,5 m de altura, con follas de 15 a 45 cm de lonxitude. A inflorescencia pode ser segundo as especies, branca, amarela ou rosada.Botanicas Annuals & Perennils, Random House, Sydney, 2005, ISBN 0-09-183809-6 pp. 938

Distribución e hábitat Todas as especies son endémicas do centro e do sur de África, desde Nixeria até Tanzania e Suráfrica.Aubrey, Alice (2001): "Zantedeschia aethiopica (L.) Spreng" . Witwatersrand National Botanical Garden. Z. aethiopica crece de forma natural en zonas pantanosas e só é caducifolia cando a auga escasea. Crece continuamente cando se rega e se alimenta regularmente e pode sobrevivir a períodos de xeadas menores. Z. aethiopica é unha planta moi forte e robusta, que pode crecer en moitos solos e hábitats, multiplicándose polos rizomas; naturalízase e considérase unha mala herba en gran parte do mundo. Z. odorata é unha especie rara, que se asemella a Z. aethiopica, pero é de folla caduca e cun cheiro cartacterístico, endémica dalgunhas localidades de Suráfrica. Z. albomaculata é unha especie moi estendida e variábel, que crece desde o norte de Suráfrica até Kenya, variando de tons de branco a crema e de rosa a laranxa. Z. jucunda e Z. pentlandii son especies raras con grandes flores amarelas vistosas. Z. rehmannii é unha especie con flores rosadas e con follas en forma de espada. Z. elliotiana coñécese só de fontes hortícolas e probabelmente sexa de orixe híbrida.

Introdución A primeira especie de Zantedeschia introcudida en Europa foi Z. aethiopica no século XVII, e agora está amplamente naturalizada en Europa, América do Norte, América Central, América do Sur, Oceanía e Australasia."Zantedeschia aethiopica". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA). En moitos lugares considérase unha especie invasora perigosa que despraza a vexetación autóctona. No suroeste de Australia Occidental, Z. aethiopica foi introducida para a horticultura, pero converteuse nunha planta daniña estendida e conspicua nos cursos de auga, brezis e pastos húmidos até o punto de que foi declarada praga en Australia Occidental e os propietarios deben controlala. Zantedeschia en Norteamérica cultívase principalmente como cultivares ornamentais nos xardíns domésticos.Burrows, George E. & Ronald J. Tyrl (2012): "Zantedeschia". Toxic Plants of North America, 2 ed.. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 978-1-1184-1339-5, pp. 141–142.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

PlantZAfrica page on Zantedeschia https://web.archive.org/web/20070708112036/http://www.botany.com/zantedeschia.html https://web.archive.org/web/20070707111324/http://www.ext.vt.edu/departments/envirohort/factsheets/cut/callali.html https://web.archive.org/web/20070625150557/http://florawww.eeb.uconn.edu/acc_num/198500186.html Como cultivar y curar las plantas: la Cala.

Categoría:Araceae