As relacións de Bután e Dinamarca reférense ás relacións actuais e históricas entre Bután e Dinamarca. Dinamarca ten un oficial de ligazón en Thimphu. As relacións diplomáticas foron estabelecidas o 13 de agosto de 1985. Dinamarca é o segundo meirande provedor de axuda ao desenvolvemento a Bután, só por detrás da India.

Cooperación Dinamarca prestou por primeira vez asistencia para o desenvolvemento a Bután en 1978, antes de elixir Bután como país do programa danés en 1989. A súa asistencia centrouse na promoción das áreas de saúde, educación, medio ambiente, desenvolvemento urbano e bo goberno. O exprimeiro ministro de Bután Jigme Thinley recibiu unha audiencia coa raíña Margarida II de Dinamarca en 2010.

Dinamarca leva apoiando o sector educativo en Bután desde principios dos anos 90. Dinamarca tamén apoiou a Bután coa redución da pobreza e a liberdade de prensa. En 2012, investíronse 1,1 millóns de coroas dinamarquesas no sector da saúde, o sector medioambiental e o desenvolvemento urbano.

Bután e Dinamarca asinaron un acordo sobre bo goberno en xuño de 2011, que concedeu a Bután 50 millóns de coroas dinamarquesas para apoiar este obxectivo.

A estratexia de Dinamarca 2008-2013 para Bután foi o programa de desenvolvemento final entre os dous países. A cooperación bilateral para o desenvolvemento rematou oficialmente en novembro de 2014.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Relacións bilaterais de Bután Categoría:Relacións bilaterais de Dinamarca