Cuarto de dólar America the Beautiful140x140pxAnverso comúnRetrato de perfil George Washington cara á esquerda. Marcas de gravador (JF e WC) e marca de ceca. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / QUARTER DOLLAR. Datas: 2010-2021. Cecas e marcas: Filadelfia (P), Denver (D), West Point (W) e San Francisco (S). Deseño do anverso: John Flanagan e William Cousins. Aliaxe: núcleo de cobre (Cu 100 %), forro de cuproníquel (Cu 91,67 % e Ni 8,33 %). Diámetro: 24,26 mm. Pesos: 5,67 g. Espesor: 1,75 mm. Canto: estriado.

Os cuartos de dólar America the Beautiful (coñecidos tamén como cuartos de dólar dos parques nacionais) son unha serie de 56 moedas con valor facial dun cuarto de dólar emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 2010 e 2021."America the Beautiful Quarters Program ". United States Mint

O deseño común do anverso desta serie correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que anualmente se cuñaron cinco reversos diferentes, cada un dos cales conmemora un sitio natural ou histórico dos Estados Unidos coa consideración de parque nacional, lugar histórico nacional ou bosque nacional. A orde en que foron emitidos correspóndese coa da data en que cada lugar acadou a declaración de sitio nacional."America the Beautiful Quarters". Americathebeautifulquarters.com

O programa dos cuartos de dólar America the Beautiful foi autorizado pola Lei Pública 110-456, do 23 de decembro de 2008, asinada polo presidente George W. Bush."Public Law 110-456 - DEC. 23, 2008". Govinfo.gov

Cecas Ao longo da existencia desta serie, ocupáronse da súa produción catro cecas da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cada unha das cales imprimiu a súa particular marca de ceca no anverso das moedas, á dereita do busto de Washington, debaixo do lema IN GOD WE TRUST.""America the Beautiful" Quarters Program". Numista.com

As moedas cuñadas na Ceca de Filadelfia e na Ceca de Denver —as máis habituais no que a moedas circulantes se refire— correspóndense coas marcas de ceca "P" e "D", respectivamente.

En 2010 e en 2011, a Ceca de San Francisco ("S") produciu moedas co acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate— non destinadas á circulación senón ao coleccionismo numismático, e todas elas pasaron a formar parte dos estoxos de presentación anuais. A partir de 2012, a Ceca de San Francisco continuou coa cuñaxe das mesmas moedas que se producían en Filadelfia e en Denver, xa co acabamento estándar mais igualmente destinadas á venda aos coleccionistas e non á súa posta en circulación."United States Mint to Release the First America the Beautiful Quarters Program Coin with the San Francisco Mint mark on June 21". United States Mint. 25 de maio de 2012. miniatura|170x170px|Marca V75 no anverso da moeda de 2020 da Ceca de West Point. O 2 de abril de 2019, a Casa da Moeda dos estados Unidos anunciou que a Ceca de West Point produciría dez millóns de cuartos de dólar desta serie (dous millóns de cada un dos cinco deseños anuais) coa súa marca de ceca "W", tanto en 2019 como en 2020. Era a primeira vez que esta marca de ceca aparecía sobre unha moeda posta en circulación."U.S. Mint Announces W Mint Mark Circulating Quarter Collectible". United States Mint. 2 de abril de 2919.Gilkes, P. (2019). "U.S. Mint strikes West Point quarters for circulation ". En Coin World. 2 de abril.

En 2020 o anverso común da serie viuse alterado nas moedas cuñadas na Ceca de West Point, co engadido da marca V75 á esquerda do busto de Washington, con motivo de conmemorar o 75º aniversario da vitoria dos aliados e a fin da segunda guerra mundial. Esta marca aparece inscrita dentro dunha cartela que reproduce o contorno da Rainbow Pool ("Piscina do Arco da Vella") do Memorial Nacional á segunda guerra mundial, en Washington.Meredith, S. (2020). "Privy Marks on Coins: 2020 End of World War II Privy Mark". United States Mint. 6 de abril.Gilkes, P. (2020). "Adding V75 privy mark means 2020-W quarter for American Samoa will be released last". En Coin World. 24 de xaneiro.

Reversos específicos 191x191px140x140pxEstatuas do monte Rushmore, reproducidas nun cuarto de dólar de 2013.

A escolla dos deseños dos reversos de cada cuarto de dólar desenvolveuse mediante a cooperación entre a Casa da Moeda dos Estados Unidos e a entidade federal responsable da supervisión, a xestión ou conservación de cada lugar nacional.

As propostas de deseño foron revisadas pola Comisión de Belas Artes, polo Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda, polo gobernador de cada estado ou territorio e polo secretario do Interior. Finalmente, os deseños dos 56 parques e sitios nacionais foron seleccionados polo secretario do Tesouro dos Estados Unidos, tendo en conta a recomendación da US Mint e as opinións recibidas ao longo do proceso.

Para a decisión final, o secretario do Tesouro dispuña dun prazo de 270 días a partir da promulgación da lei que autorizara o programa. O 9 de setembro de 2009 deuse a coñecer a listaxe de lugares que se incluirían no programa."United States Mint America the Beautiful Quarters™ Program Announced". United States Mint. 9 de setembro de 2009. Tamén se estableceu a orde de emisión, con base na orde en que os sitios escollidos foran designados polo Goberno federal como "sitios nacionais".

Na seguinte táboa reflíctense os reversos específicos de cada un dos cuartos de dólar da serie America the Beautiful, así como os datos máis salientables de cada moeda: