Serafín de Castro García, nado nas Quintas (Codeseda, A Estrada) o 6 de outubro de 1854 e finado en Tabeirós en marzo de 1936, foi un mestre galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela. En 1874 foi nomeado mestre da escola de Tabeirós. Cando construíu a súa casa familiar na Consolación trasladou a escola, instalada nun alpendre, aos baixos da súa vivenda. Foi mestre de Manuel Bergueiro e José Fernández da Ponte. Impartiu clases en Tabeirós durante 50 anos. Xubilouse por idade en 1924. Finou na Consolación en marzo de 1936.El Ideal Gallego, 14-3-1936, p. 5.
Recoñecementos
O 6 de xaneiro de 1935 recibiu, xunto co seu fillo Plácido, unha homenaxe do Sindicato Cultural Agrario de Tabeirós.El Emigrado, 16-1-1935, p. 6. O 27 de novembro de 1958 recibiu unha homenaxe póstuma en Tabeirós, coa colocación dunha placa conmemorativa na súa casa da Consolación.El Pueblo Gallego, 30-11-1958, p. 15. Vida persoal Casou con Manuela Pena Coto, de Tabeirós, e foi pai de Manuel, Ramiro, José, Laurentino, Plácido e Alfonso Castro Pena.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1936