Iván Pablo Sanmartín Carreira, nado o 8 de outubro de 1975 en Santiago de Compostela, é un atleta, xuíz de atletismo e dirixente deportivo galego, actual presidente da Federación Galega de Atletismo.
Traxectoria Iván Sanmartín é un atleta especializado en fondo e gran fondo, que corre en probas afeccionadas polo club de atletismo do Pino.
Licenciado en Ciencias do Deporte na Universidade da Coruña, desde novo estivo vencellado á delegación local en Santiago da Federación Galega de Atletismo, desde 2015 como delegado. Membro polo tanto da directiva da federación, foi o único candidato a substituír en 2022 o anterior presidente, Isidoro Hornillos, e saíu elixido.
Profesionalmente traballa como técnico de deportes do concello do Pino.
Notas
Categoría:Directivos de atletismo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Fondistas Categoría:Xuíces de atletismo Categoría:Árbitros de Galicia