Athene Margaret Donald (Athene Margaret Griffith) nada en Londres, Reino Unido, o 15 de maio de 1953 é unha física británica. É profesora de Física Experimental na Universidade de Cambridge e profesora no Churchill College, Cambridge.Prof Dame Athene Donald, DBE, FRS, Debrett's People of Today. Retrieved 7 de abril de 2016.
Traxectoria Estudou na Camden School for Girls e no Girton College, Cambridge. Licenciouse en Ciencias Naturais cunha especialidade en Física Teórica, seguida dun doutoramento en 1977 con investigación en microscopía electrónica.
Trasladouse á Universidade Cornell, onde pasou de traballar con metais a polímeros, antes de regresar a Cambridge (Departamento de Ciencia de Materiais) en 1981 e ao Laboratorio Cavendish en 1983. Converteuse en profesora de física experimental en 1998. O seu campo de estudo principal é a física da materia branda, particularmente as súas aplicacións aos organismos vivos e a relación entre a súa estrutura e outras propiedades.
A súa investigación aplicou a microscopía, especialmente a microscopía electrónica de barrido ambiental, ao estudo de sistemas tanto sintéticos como biolóxicos, especialmente os agregados proteicos.
Unha descrición da súa investigación pódese atopar na revisión sobre a recepción da Medalla Faraday do Instituto de Física en 2010.
Traballo en igualdade de xénero Entre 2006 e 2014 foi a directora de WiSETI, Women's Initiative in Science, Engineering and Technology na Universidade de Cambridge e foi a defensora da igualdade de xénero entre 2010 e 2014. Fóra da universidade, presidiu o Athena Forum desde 2009 a 2013, unha organización que busca dar unha visión estratéxica dos desenvolvementos que pretenden ou demostraron avanzar na progresión e representación das mulleres en ciencia, tecnoloxía, matemáticas e medicina na educación superior do Reino Unido. É membro do Grupo de Diversidade do BIS, do Consello de Igualdade e Diversidade da Universidade de Sheffield e do grupo de traballo sobre o equilibrio de xénero de ERC; é mecenas do Daphne Jackson Trust.
Escribe regularmente sobre o tema da muller na ciencia tanto nos principais medios como no seu blog persoal. Tamén dá moitas charlas sobre o tema.
Recibiu o UKRC Lifetime Achievement Award en 2011, un Suffrage Science Award polo Medical Research Council en 2013 e ten un retrato de si mesma feito por Tess Barnes colgado no Cavendish Laboratory.
Premios e recoñecementos En 1999 elixírona Fellow da Royal Society
1983: University Research Fellow da Royal Society (URF). 1989: Premio Boys do Instituto de Física. 2005: Medalla Mott do Instituto de Física. 2006: Royal Society Bakerian Lecture. 2009: Premio L'Oréal-UNESCO para a Muller na Ciencia.Women in Science laureate picks up award, iop.org. Retrieved 7 de abril de 2016. 2009: Membro Electo da Academia Europaea. 2010: Nomeada dama comandante da Orde do Imperio Británico (DBE) nas celebracións do aniversario da raíña.* 2010: Medalla Faraday do Instituto de Física. 2011: Premio UKRC á Traxectoria en 2011.
Notas
Categoría:Nados en Londres Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1953