Manuel González Salmón, nado en Cádiz en 1778 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1832, foi un político e diplomático español, que exerceu de primeiro Secretarıo de Estado e do Despacho Universal durante a Década Ominosa.
Traxectoria Foi primeiro secretario na embaixada de España en París de 1814 e 1819, cando comezou a desempeñar itinerariamente a carteira de Estado e, posteriormente pasou a Saxonia, como ministro plenipotenciario.
De 1826 até a súa morte foi Ministro de Estado; interino até outubro de 1830, e en propiedade dende entón. Pese á longa xestión no cargo teoricamente do xefe do Goberno, a súa actuación foi moi escura e a xefatura efectiva levárona a cabo Calomarde e López Ballesteros.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de presidentes de España.
Ligazóns externas Ficha na páxina web da Presidencia do Goberno (en castelán)
Gonzalez Salmon, Manuel Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1778 Categoría:Finados en 1832 Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España