Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O xentilicio é .
Xeografía O concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.
É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Búbal. Está atravesado pola estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de norte a sur pasando pola súa capital, A Barrela.
O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.
Demografía Segundo o IGE en 2014 tiña 2401 habitantes (2929 no 2006, 3010 no 2005, 3055 no 2004, 3061 no 2003). Segundo o INE en 2016 tiña 2280 habitantes, 1130 mulleres e 1150 homes. En 2017 2266 habitantes, 1125 mulleres, 1141 homes.
Censo total 2014 2401 habitantes Menores de 15 anos 131 (5,46 %) Entre 15 e 64 anos 1308 (54,48 %) Maiores de 65 anos 962 (40,07 %)
Historia Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.
Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.
Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede, Penaboa, Buciños, Chouzán, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.
Cultura Toponimia O topónimo fai referencia a unha terra de moitos carballos, fitónimo anterior ao latín.
Carballedo é un concello de nomes singulares. Todos estes son topónimos exclusivos de Carballedo, que non se repiten en Galicia: Acilleiros, Aguada, Agrexán, Alén do Río, O Alto das Lamas, Ambasmestas, O Barrio de Puga, Buciños, Buxelle, Cambillán, Carballidiño, Cas de Moure, Cas de Pedro, Casqueixeiro, O Castro de Morgade, Ceides, Chouzán, O Curuxeiro, A Enfonxa, Esmolfe, Faíl, A Grixoá, A Lama de Fente, Lixibán, A Lobagueira, Lobelle, Lulaíños, Lulás, Papelle, Pepes, A Placería, Puvieiros, Quintá do Monte, Sergudiño, Surrego, Val do Arado, Veascós, Vilaguillulfe, Vilar de Mulleres, Temes, Trasar, Trasmontes, Xibiriz.
Galería de imaxes
Lugares de Carballedo Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballedo vexa: Lugares de Carballedo.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Elección municipais en Carballedo Toponimia de Carballedo
Categoría:Carballedo Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía