miniatura|181x181px|O deseño inicial para o reverso sufriu poucas alteracións durante toda a vida da moeda. A moeda de medio centavo de dólar estadounidense foi unha moeda de cobre con ese valor facial, emitida entre 1793 e 1857 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos. Tivo cinco modelos diferentes e foi a moeda de menor valor facial das que circularon nos Estados Unidos.

Historia A moeda de medio centavo de dólar foi autorizada por primeira vez pola Lei da moeda de 1792, do 2 de abril."Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint."Copper Half-Cent and One-Cent Coin Legislation". United States Mint. A partir dese momento cuñouse sempre cun 100 % de cobre e unicamente na Ceca de Filadelfia."Half Cent, Coin Type from United States - detailed information". Onlinecoin.club

A súa produción foi cancelada pola Lei da Moeda de 1857, do 21 de febreiro.Texto da Lei da Moeda de 1857. Memory.loc.gov

Versións No seu anverso, a moeda de medio centavo representa unha personificación alegórica da Liberdade, coa inscrición LIBERTY, en tanto que no seu reverso se amosa o valor facial da moeda rodeado por unha coroa vexetal. Hai cinco versións deste modelo xeral:

VersiónsImaxePeríodoDeseñoGravadoCaracterísticasTiraxeLiberty Cap "½ Cent 1793". Numista.com(Liberdade con gorro)Cara á esquerda112x112px 112x112px1793Incerto.Non se coñece documentalmente a autoría desta primeira versión. Algunhas fontes atribúenlla a artistas gravadores como Joseph Wright, Henry Voigt ou Adam Eckfeldt ("Liberty Cap Half Cents ". Libertycaphalfcent.com).Henry VoigtCobre6,74 g22 mm35.334Liberty Cap "½ Cent Liberty Cap, Head Facing Right". Numista.com(Liberdade con gorro)Cara á dereita112x112px 112x112px1794-1797Robert ScotRobert ScotCobre6,74 g23,5 mm350.520Draped Bust "½ Cent Draped Bust". Numista.com(Busto drapeado)112x112px 112x112px1800-1808Robert ScotRobert ScotCobre5,44 g23,5 mm3.416.950Classic Head "½ Cent "Classic Head". Numista.com(Cabeza clásica)112x112px 112x112px1809-1836John ReichRobert ScotCobre5,44 g23,5 mm6.934.862Braided Head "½ Cent "Braided Hair". Numista.com (Cabeza con trenzado)112x112px 112x112px1840-1857Christian GobrechtChristian GobrechtCobre5,44 g23,0 mm544.510

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Manley, R. P. (1998). The Half Cent Die State Book 1793-1857. J. R. Grellman. Cohen, R.S. (1982). American Half Cents. The "Little Half Sisters". Wigglesworth & Ghatt. Breen, W. (1983). Walter Breen's Encyclopedia of United States Half Cents 1793-1857. American Institute of Numismatic Research. ISBN 978-0911021004 Eckberg, W. R. (2019). The Half Cent, 1793-1857 The Story of America's Greatest Little Coin. Eckberg. ISBN 9781645164173 Fuhrman, E. (2020). The Half Cent Handbook: Draped Bust Varieties 1800-1808. Fuhrman, E. (2021). The Half Cent Handbook: Classic Head & Braided Hair Varieties. Fuhrman, E. (2022). The Half Cent Handbook: Liberty Cap Varieties 1793-1797. Fuhrman, E. (2022). The Half Cent Handbook: Errors and Oddities. Yeoman, R. S. (2022). A Guide Book of Red Book US Coins 2023. Whitman. ISBN 978-0794849627

Outros artigos

Moeda de medio centavo de dólar Liberty Cap Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Moedas de medio centavo de dólar estadounidense