O walmajarri é unha lingua pama-nyungana falada na rexión de Kimberley, en Australia Occidental, polo pobo walmajari e outros grupos relacionados. Segundo datos do censo de 2016 tiña 283 falantes. O walmajarri está considerada como unha lingua definitivamente en perigo pola UNESCO."UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". www.unesco.org. Consultado o 4 de decembro de 2020 en base á súa escala de vitalidade lingüística.UNESCO Ad Hoc Expert Group on Endangered Languages. 2003. Language Vitality and Endangerment. Document Adopted by the International Expert Meeting on UNESCO Programme Safeguarding of Endangered Languages. París: UNESCO. Consultado en

Nomes Os nomes desta lingua varían en función de tres dialectos:

Walmajarri, Walmatjarri, Walmatjari, Walmadjari, Walmatjiri, Walmajiri, Walmatjeri, Walmadjeri, Walmadyeri, Walmaharri, Wolmeri, Wolmera, Wulmari Bililuna, Pililuna Jiwarliny, Juwaliny, Tjiwaling, Tjiwarlin

Falantes As comunidades con poboación walmajarri son:

Bayulu Djugerari (Cherrabun) Junjuwa (Fitzroy Crossing) Looma Kadjina (Millijidee) Mindibungu (Bililuna) Mindi Rardi (Fitzroy Crossing) Mulan Ngumpan Wangkajungka (Christmas Creek) Yakanarra Yungngora

O pobo walmajarri adoitaba vivir no Gran Deserto Areoso. Os efectos de colonialismo fixeron que se trasladasen a ranchos, cidades e misións no norte e espallounos por unha vasta área. A distancia xeográfica explica o feito de que existan varios dialectos, que se polarizaron aínda máis pola falta de contacto e foron influídos polas linguas veciñas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas pama-nyunganas Lista de linguas aborixes de Australia Bibliografía Hudson, Joyce. (1978). The Walmatjari: An Introduction to the Language and Culture. Darwin: Summer Institute of Linguistics Hudson, Joyce. (1978). The core of Walmatjari grammar. Australian Institute of Aboriginal Studies. New Jersey, U.S.A.: Humanities Press Inc. Hudson, Joyce & Richards, Eirlys. (1969). The phonology of Walmatjari. Hudson, Joyce & Richards, Eirlys. (1990). Walmajarri–English Dictionary. Darwin: Summer Institute of Linguistics Ligazóns externas Handbook of Western Australian languages South of the Kimberly (Walmajarri)

Categoría:Linguas pama-nyunganas Categoría:Linguas de Australia