Os seri son un grupo indíxena do estado mexicano de Sonora. A etimoloxía deste exónimo provén do termo yaqui que quere dicir "home da area", e o endónimo que empregan é comcaac ; singular: cmiique . A maioría dos membros do grupo son falantes fluídos da lingua seri, cmiique iitom. O seu territorio tradicional inclúe as illas Tiburón e San Esteban.

O número de persoas deste grupo continúa en crecemento. En 1952, rexistrábanse 215 persoas; en 2006, máis de 900 (segundo o goberno seri).Marlett, Stephen A. (2006) «La situación sociolingüística de la lengua seri en 2006», en Situaciones sociolingüísticas de lenguas amerindias ed. Stephen A. Marlett, ed. (Lima: SIL International y Universidad Ricardo Palma).

Territorio seri O territorio seri, no estado de Sonora, abrangue unha área de arredor de 211 000 ha de terra, e está integrado por unha parte continental e pola illa Tiburón, que se encontra no golfo de California, fronte á costa central do estado.

Os seris habitan principalmente nas pobacións de El Desemboque (Haxöl Iihom), no concello de Pitiquito, e en Punta Chueca (Socaaix), no concello de Hermosillo, na costa de Sonora. Seguindo os ciclos de pesca, a localización dalgúns individuos ou os seus familiares pode variar, entre todos os campos pesqueiros distribuídos ao longo de 100 km de litoral.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

(online Spanish version)

Categoría:Pobos indíxenas de México