Starcastle é unha banda estadounidense de rock progresivo de Champaign, Illinois. Formado en 1969, o grupo realizou moitos concertos cos nomes Pegasus e Mad John Fever antes de pasar a chamarse finalmente Starcastle. Starcase asinou o seu primeiro contrato discográfico con Epic Records én 1974, soando habitualmente na radio e tocando con frecuencia na área de St. Louis. A formación orixinal incluía ao antigo vocalista de REO Speedwagon Terry Luttrell e o autor/programador informático Herb Schildt, e a mediados dos 80 incluíu brevemente ao guitarrista Mark McGee, quen se uniu a Vicious Rumors. O grupo publicou catro álbums a través dos selos Epic e CBS. O álbum de estrea da banda, Starcastle, vendeu ben e escoitouse nas radios de todo o mundo.
Os seus posteriores álbums Fountains of Light, Citadel, e Real to Reel non venderon tan ben como o primeiro e foron criticados a miúdo por ter un son demasiado semellante ao de Yes. Starcastle actuou como abreconcertos de artistas como Jethro Tull, Gentle Giant, Fleetwood Mac, Kansas, Boston, Rush, Journey, e outros. Tras varios cambios de formación a banda iniciou un hiato de 10 anos en 1987.
En 2002, Gary Strater, Steve Tassler e Steve Hagler publicaron álbums en solitario a través do propio selo da banda, Sunsinger. Isto levou a que traballasen no derradeiro álbum do grupo, Song of Times, antes da morte de Gary Strater o 19 de setembro de 2004 dun cancro de páncreas. Song of Times foi editado en 2007.
En novembro de 2018 a páxina oficial do grupo anunciou o lanzamento de Alchemy, un lanzamiento de material de arquivo, tanto de estudio como ao vivo, da formación da década dos 80. Ademais, a páxina anunciou unha nova formación composta por George Harp (voces) e Bruce Botts (guitarra), ámbolos dous da formación dos 8.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloStarcastle1976Epic RecordsFountains of Light1977Epic RecordsCitadel1977Epic RecordsReal to Reel1978Epic RecordsChronos I2001Sunsinger RecordsSong of Times2007Progrock Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Illinois Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1969