Afeez Oyetoro, nado o 20 de agosto de 1963, é un actor de comedia nixeriano, coñecido popularmente como "Saka".

Traxectoria Afeez Oyetoro naceu o 20 de agosto de 1963, en Iseyin, no Estado de Oyo, no suroeste de Nixeria. Afeez obtivo unha licenciatura e un máster en artes en arte teatral na Universidade Obafemi Awolowo (OUA) e na Universidade de Ibadan (UI), respectivamente. É doutor pola Universidade de Ibadan, no Estado de Oyo.

Carreira profesional Afeez Oyetoro é coñecido polos seus papeis cómicos en filmes de Nollywood e por ser o protagonistas de varios filmes nixerianos. É lector no departamento de arte teatral no Adeniran Ogunsanya College of Education, no Estado de Lagos, Nixeria. Tamén apareceu como o personaxe principal nun anuncio de MTN de 2013 onde anunciou "I don port o". En 2016, Afeez Oyetoro apareceu no filme The Wedding Party e na comedia criminal Ojukokoro (Greed). Foi elixido vicepresidente da Asociación de Embaixadores da Película de Ouro de Nixeria (TGMAAN).

Vida persoal Afeez Oyetoro casou con Olaide Oyetoro, e ten tres fillos, dous varóns, Abdullah Oyetoro e Munim Oyetoro, e unha filla, Rodiat Oyetoro.

Filmografía Taxi Driver: Oko Ashewo (2015) Ojukokoro (2016) The Wedding Party (2016) The Wedding Party 2 (2017) The Call (2019 Nollywood film) Small Chops (2020) Shadow Parties (2020) The Miracle Centre (2020)

Televisión Hustle (2016-2018)

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Nixeria Categoría:Actores de Nixeria