José Gutiérrez de la Concha Marqués de la Habana, nado en Córdoba (Arxentina) o 4 de xuño de 1809 e finado en Madrid o 5 de novembro de 1895, foi un político e militar español.
Traxectoria Naceu en Córdoba de Tucumán, Arxentina, entón colonia española. O triunfo dos independentistas americanos fixo que volvese a España en 1814.
Iniciou a súa carreira política como Deputado a Cortes polo distrito de Logroño en 1845, e Vicepresidente do Congreso dos Deputados en 1847. Entrementres foi o sufocador dos Mártires de Carral, a Revolución de 1846 en Galicia. Foi Ministro interino de Ultramar e de Mariña en 1864 e Ministro da Guerra en 1865, así como Presidente do Consello de Ministros no reinado de Isabel II. Ademais foi Ministro da Guerra e interino da Mariña, nos momentos previos á revolución de 1868, o que lle supuxo o exilio durante o Sexenio Revolucionario.
Despois do golpe de estado do Xeneral Pavía reintegrouse na vida política e en 1877 foi nomeado senador vitalicio. Cerrou a súa carreira política dentro do Partido Liberal Fusionista chegando a ser Presidente do Senado en tres ocasións (1881 - 1883 e 1886-1891, e 1893-1894).
Véxase tamén
Outros artigos Lista de presidentes de España Lista de presidentes do Senado de España
Gutierrez de la Concha, Jose Gutierrez de la Concha, Jose Categoría:Marqueses de España Categoría:Presidentes do Senado de España Categoría:Nados en 1809 Categoría:Finados en 1895 Categoría:Nados en Córdoba, Arxentina Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de España