Tytöt tytöt tytöt é un filme finlandés de 2022 dirixido por Alli Haapasalo a partir dun guión de Ilona Ahti e Daniela Hakulinen. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance, onde gañou o premio do público na competición internacional. Foi estreado en Finlandia o 14 de abril de 2022.

Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Argumento Tres mozas na cúspide da súa feminidade, Mimmi, Rönkkö e Emma, tentar desafiar a escuridade do inverno finlandés intentando tratando de debuxar as súas propias contornas. No proceso, móvense entre soños, realidade, amizade e relacións e intenta que colla sentido todo o rebumbio. En tres venres consecutivos, dúas experimentan o efecto de namorarse mentres que a terceira vai na procura de algo que nunca experimentou antes: o pracer.

Personaxes

Aamu Milonoff como Mimmi Eleonoora Kauhanen como Rönkkö Linnea Leino como Emma Sonya Lindfors como Tanja Cécile Orblin como Karoliina Oona Airola como Sanna Mikko Kauppila como Jarmo Amos Brotherus como Sipi Bruno Baer como Kalle Nicky Laaguid como Henkka Oksana Lommi como Frida Yasmin Najjar como Sonja Elias Westerberg como Allu Pietu Wikström como Samuli Fathi Ahmed como Otto Pablo Ounaskari como Roope Rebekka Kuukka como Saana Tuuli Heinonen como Poliisi Yassin Ei Sayed como Lionel Lauri Nousiainen como Petri Henrikki Haavisto como Vesa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua finesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes ambientados en Finlandia Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes de deporte Categoría:Filmes sobre sexualidade Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Finlandia Categoría:Filmes sobre parellas Categoría:Filmes de adolescentes