Heloísa Maria Buarque de Hollanda, nada en Río de Xaneiro o 30 de novembro de 1937 e finada na mesma cidade o 27 de decembro de 2018, máis coñecida como Miúcha, foi unha cantante e compositora brasileira. Neta de Cristóvão Buarque de Hollanda e filla de Sérgio Buarque de Holanda e Maria Amélia Cesário Alvim, Miúcha é irmá do cantautor Chico Buarque e tamén das cantantes Ana de Hollanda e Cristina Buarque, e nai da cantante Bebel Gilberto, froito do matrimonio co compositor João Gilberto.
Traxectoria esquerda|miniatura|En 2010 Miúcha cantou na cerimonia que elevou a Vinicius de Moraes a embaixador de Post-Morten.
Familia e primeiros anos Heloísa Maria Buarque de Hollanda naceu no Río de Xaneiro o 30 de novembro de 1937, pero a súa familia trasladouse a São Paulo cando ela só tiña 8 anos. De neno formou un grupo vocal cos seus irmáns, entre eles Chico Buarque.
Formación e vida persoal En 1960 trasladouse a París onde estudou Historia da Arte na École du Louvre. De vacacións, fixo unha viaxe con amigos a Grecia, Italia e Francia. En Roma, no bar La Candelaria, coñeceu á cantante chilena Violeta Parra, a través da que coñeceu ao cantante bahiano João Gilberto, casou con el e tivo unha filla, tamén cantante, Bebel Gilberto.
Carreira musical En 1975 fixo a súa primeira gravación profesional como cantante no álbum The Best of Two Worlds de João Gilberto e Stan Getz. Após este lanzamento, Miúcha fixo dueto con Antônio Carlos "Tom" Jobim en dous discos, en 1977 e 1979, e formou parte do espectáculo organizado por Aloysio de Oliveira xunto con Vinicius de Moraes, Tom Jobim e Toquinho. O espectáculo levouse a cabo durante un ano en Canecão, Río de Xaneiro, tivo actuacións internacionais en América do Sur e Europa, e deu lugar á gravación que Tom, Vinícius, Toquinho e Miúcha gravou en directo en Canecão (RCA Victor, 1977).
Pasamento Faleceu de parada respiratoria o 27 de decembro de 2018, no Hospital Samaritano (Río de Xaneiro), logo de padecer un cancro de pulmón.
Discografía
Miúcha & Antônio Carlos Jobim (1977) RCA Records LP Tom/Vinicius/Toquinho/Miúcha - Gravado ao vivo no Canecão (1977) Som Livre LP, CD Os Saltimbancos (1977) Phonogram/Philips Records LP, CD Miúcha & Tom Jobim (1979) RCA Victor LP Tom Jobim, Vinicius de Moraes, Toquinho e Miúcha - Musicalmente ao vivo na Itália (1979) Miúcha (1980) RCA Victor LP Miúcha (1989) Warner/Continental LP Vivendo Vinicius ao vivo Baden Powell, Carlos Lyra, Miúcha e Toquinho (1999) BMG Brasil CD Rosa amarela (1999) BMG Brasil CD Miúcha.compositores (2002) Biscoito Fino CD Miúcha canta Vinicius & Vinicius - Música e letra (2003) Biscoito Fino CD Miúcha Outros Sonhos (2007) Biscoito Fino Miúcha com Vinícius/Tom/João (2008) Sony & BMG
Notas
Véxase tamén
Bossa nova
Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en 1937 Categoría:Cantantes do Brasil