miniatura|200px|Kubuntu904.PNG Kubuntu é unha derivación oficial do sistema operativo Ubuntu, pero con KDE como contorno de escritorio.

Tal como se explica no sitio web de Kubuntu na wiki de Ubuntu: "O proxecto Kubuntu quere ser para KDE o que Ubuntu é para GNOME: Un sistema operativo integrado con tódalas características de Ubuntu, pero baseado no entorno de escritorio KDE. As novas versións de Kubuntu saen de maneira regular e predecible; faise unha nova versión cada vez que sae unha actualización de KDE".

Tódolos paquetes comparten os mesmos arquivos que Ubuntu.

Existen liveCD e CD de instalación para plataformas X86, PowerPC e AMD64. Tamén hai versións diarias dos CD.

Historia Para poder centrarse en solucionar rapidamente os erros, conflitos de paquetes etc. decidiuse en Ubuntu eliminar certos paquetes do compoñente main, ben por non seren populares ben escollidos de forma arbitraria por gusto ou polas súas bases de apoio ao software libre.

Por tales motivos inicialmente KDE non contaba con máis soporte do que entregaban os mantedores de Debian nos seus repositorios, razón pola que a comunidade de KDE uniuse para distribuír a distro coñecida co nome de Kubuntu.

Lanzamentos Cada lanzamento ten un nome en código composto por un adxectivo e o nome dun animal que comezan pola mesma letra e un número de versión baseado no ano e mes en que se remata (normalmente, cada seis meses):

Versión Data do lanzamento Nome en código4.10 20 de outubro de 2004 Warty Warthog5.04 8 de abril de 2005 Hoary Hedgehog5.10 13 de outubro de 2005 Breezy Badger6.06 LTS 1 de xuño de 2006 Dapper Drake6.10 26 de outubro de 2006 Edgy Eft7.04 19 de abril de 2007 Feisty Fawn7.10 18 de outubro de 2007 Gutsy Gibbon8.04 24 de abril de 2008 Hardy Heron8.10 30 de outubro de 2008 Intrepid Ibex9.04 23 de abril de 2009 Jaunty Jackalope9.10 30 de outubro de 2009 Karmic Koala10.04 LTS 29 de abril de 2010 Lucid Lynx10.10 10 de outubro de 2010 Maverick Meerkat

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial de Kubuntu, en inglés. Guía do escritorio Kubuntu Páxina non oficial de Kubuntu en español Páxina de Kubuntu no wiki de Ubuntu

Categoría:Ubuntu GNU/Linux