The Vines é unha banda australiana de rock alternativo formada en Sydney en 1994. O seu son foi descrito como un híbrido musical entre o garage rock dos 60 e o rock alternativo dos 90. O grupo pasou por numerosos cambios na súa formación, sendo o vocalista e guitarrista Craig Nicholls o único membro constante de toda a súa traxectoria.
O éxito de The Vines na insdustria musical australiana fixo que gañase o premio ARIA en 2002 ao artista - sinxelo revelación, por "Get Free" e que recibise outras cinco nomeacións polo seu álbum de estrea Highly Evolved. A banda recibiría outras dúas nomeacións nos anos seguintes. En 2003 o álbum chegaría a ser disco de platino en Australia, e dende entón o grupo publicou seis álbums de estudio máis, o último deles, In Miracle Land, no ano 2018.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloHighly Evolved2002Capitol RecordsWinning Days2004Capitol RecordsVision Valley2006Capitol RecordsMelodia2008Ivy League RecordsFuture Primitive2011Sony Music AustraliaWicked Nature2014Wicked Nature MusicIn Miracle Land2018Wicked Nature Music
Notas
Categoría:Grupos musicais de Sydney Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de neopsicodelia Categoría:Grupos musicais formados en 1994