José Corzo Conde, nado en Rodeiro cara a 1886, foi un político galego.

Traxectoria Estivo emigrado en Cuba e Arxentina. Ao seu retorno instalouse como industrial de Arzúa. En 1933 era secretario da Sociedad Agraria Socialista de Arzúa,El Pueblo Gallego, 15-7-1933, p. 1. presidida por Ramón García Regueiro.BOP A Coruña, 23-3-1934, p. 2. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Arzúa e 3º tenente-alcalde. Foi o presidente da primeira Agrupación Socialista de Arzúa constituída o 27 de abril de 1936."El PSOE de Arzúa fija el 27 de abril como día del socialismo local", La Voz de Galicia, Santiago, 17-3-2010, p. L12. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi xulgado en Compostela por rebelión xunto con Juan Manuel Vidal García nun proceso incoado o 25 de agosto e declarado en rebeldía. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937, que pecharon en 1945 pola súa defunción.BOP A Coruña, 10-12-1945, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Concelleiros das corporacións republicanas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Galegos de Cuba

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Arzúa Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Rodeiro

Categoría:Nados en 1886

Categoría:Finados no século XX