Gong é unha banda francesa de rock progresivo que incorpora elementos de jazz e space rock ao seu estilo musical. O grupo foi fundado en París en 1967 polo músico australiano Daevid Allen e a vocalista inglesa Gilli Smyth. Pola banda pasaron músicos como Didier Malherbe, Pip Pyle, Steve Hillage, Mike Howlett, Pierre Moerlen, Bill Laswell, Theo Travis, Don Cherry,Lucky, Jerry. Progressive Rock. Burlington, Ontario: Collector's Guide Publishing, Inc., 2000. p.61 Chris Cutler, Bill Bruford, Brian Davison, Dave Stewart e Tatsuya Yoshida.

O álbum de estrea de 1970 de Gong, Magick Brother, tiña un son de pop psicodélico. No ano seguinte lanzaron Camembert Electrique, cun son rock psicodélico/space rock co que se adoita a asocialos. Entre 1973 e 1974, Gong lanzou os seus mellores traballos, a alegórica triloxía Radio Gnome Invisible, que describía as aventuras de Zero the Hero, Good Witch Yoni e Pot Head Pixies do Planet Gong.

En 1975 Allen e Smyth deixaron a banda, que continuou sen eles lanzando unha serie de álbums de jazz rock baixo o liderado do batería Pierre Moerlen. Esta encarnación pasaría a coñecerse ao pouco tempo como Pierre Moerlen's Gong. Mentres tanto, Smyth formou Mother Gong mentres que Allen iniciou unha serie de grupos derivados, como Planet Gong, New York Gong e Gongmaison, antes de volver a liderar Gong en 1990 ata a súa morte en 2015. Co apoio de Allen, a banda decidiu continuar, lanzando o álbum Rejoice! I'm Dead! en setembro de 2016 e The Universe Also Collapses en maio de 2019.

Discografía

Daevid Allen's Gong ÁlbumAnoSeloNotasMagick Brother1970BYG ActuelCamembert Electrique1971BYG ActuelContinental Circus1972Philips Recordsbanda sonoraFlying Teapot1973Virgin RecordsAngel's Egg1973Virgin RecordsYou1974Virgin RecordsShapeshifter1992Celluloid Records, Lightyear EntertainmentZero to Infinity2000One Eyed Salmon Records, Snapper MusicAcid Motherhood2004Mister Econ Acid Mothers Temple20322009G-WaveI See You2014Snapper Records

Post-Daevid Allen ÁlbumAnoSeloRejoice! I'm Dead!2016MadfishThe Universe Also Collapses2019Kscope

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Francia Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de jazz-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1967