Jesús Vilas Lamas foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Estivo emigrado na Arxentina. Confeiteiro en Arzúa. Concelleiro de Arzúa, foi elixido alcalde de Arzúa en 1920. Cesou no cargo ao ano seguinte. Na República foi elixido concelleiro de Arzúa e nomeado primeiro tenente alcalde o 31 de maio de 1931. Logo do cesamento do alcalde Jesús García Conde, foi elixido alcalde de Arzúa a principios de 1932.El Ideal Gallego, 18-2-1932, p. 3. Permaneceu no cargo até decembro de 1932. Continuou como concelleiro até o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Militou en Izquierda Republicana.

Vida persoal

Casou con Sofía Rodríguez Lamas e foi pai de Dolores, María e Concepción Vilas Rodríguez.El Ideal Gallego, 28-7-1954, p. 8. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido