Manuel González Rodríguez, nado en Botos (Lalín) en 1903 e finado en Madrid o 7 de xuño de 1974, foi un mestre, xornalista e político galego.
Traxectoria Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi mestre da escola laica que a sociedade Unión del Partido de Lalín de Buenos Aires creou en Porreiros (Gresande). Aprobou as oposicións de Maxisterio e foi destinado á parroquia estradense de Ribeira. Propuxo a idea de erixir na Estrada un monumento a Pardo de Cela por subscrición popular, para o que realizou campaña en El Emigrado, e foi nomeado vicepresidente do Comité pro Monumento constituído na Estrada o 3 de decembro de 1932.El Pueblo Gallego, 13-12-1932, p. 10. En 1933 trasladouse a escola de Soutolongo, que foi o seu destino definitivo. Militante do Partido Galeguista, fixo unha entusiasta campaña a prol da autonomía de Galicia no periódico Razón, foi un dos membros da mesa da IV Asemblea do Partido Galeguista en abril de 1935 e un dos oradores do mitin das Arengas o 24 de xullo dese ano. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non foi sancionado, pero tivo que afiliarse a Falange.
Activo xornalista, colaborou tamén en El Pueblo Gallego, Correo de Galicia, Eco de Galicia, A Nosa Terra, El País, Cultura Gallega, Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
Vida persoal
Casou en 1932 con Dolores Brandido Palmaz, coa que tivo tres fillos. Notas
Véxase tamén Bibliografía Manuel González, o escolante de Soutolongo artigo de Manuel Igrexas.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Xornalistas de Lalín Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes