Castor Casas Sánchez, nado en Sacos (Concello de Cotobade) cara a 1895 e finado en Arzúa o 22 de setembro de 1937, foi un médico e político galego.

Traxectoria Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Médico en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera pertenceu ao corpo de Somatenes,Boletín Oficial del Cuerpo de Somatenes Armados de la 8ª Región, maio 1924, p. 9. foi nomeado alcalde de Arzúa polo gobernador civil en agosto de 1925.El Ideal Gallego, 22-8-1925, p. 3. Médico titular do concello de Arzúa. Na República foi membro da Unión Regional de Derechas de Arzúa e foi multado polo gobernador civil con 500 pesetas xunto con Eugenio Rilo Torres, por interromper cun grupo de mozos un mitin da Agrupación Socialista de Arzúa en abril de 1932.La Voz de Galicia, 26-4-1932, p. 2. Foi separado do servizo como médico titular a finais de 1932.La Voz de Galicia, 13-1-1933, p. 4. Cando en 1936 se fundaron as Juventudes de Acción Popular en Arzúa, por delegación da organización compostelá, Castor Casas foi nomeado o seu presidente. Finou en Arzúa o 22 de setembro de 1937.El Ideal Gallego, 28-9-1937, p. 4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1937