miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Costa do Marfil, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Costa do Marfil, país litoral do oeste africano bañado polo golfo de Guinea e de gran variedade étnica e cultural debido á súa historia como ruta de comercio colonial, ratificou a convención o 9 de xaneiro de 1981, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Os primeiros sitios de Costa do Marfil recoñecidos pola UNESCO foron designados Patrimonio Mundial na 5ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Sydney (Australia) en 1981. Nesa ocasión, Costa do Marfil tivo designado a Reserva Natural Integral do Monte Nimba, compartido coa Guinea e, posteriormente, incluído na Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo dende 1992 como consecuencia de conflitos armados locais que ameazan a estabilidade e a conservación natural da zona. Dende a súa máis recente adhesión, Costa do Marfil conta cun total de 5 sitios declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, 3 deles de clasificación natural e 2 de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Costa do Marfil Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Reserva Natural Integral do Monte Nimba200px| Dix-Huit Montagnes (Costa do Marfil) / Nzérékoré (Guinea) 1981 155; II, IV (natural)02 Parque Nacional de Taï 200px| Moyen-Cavally e Bas-Sassandra 1982 195; VII, X (natural)03 Parque Nacional do Comoé 200px| Zanzan 1983 227; IX, X (natural)04 Cidade histórica de Grand-Bassam 200px| Sud-Comoé 2012 1322rev; III, IV (cultural)05 Mesquitas de estilo sudanés no norte de Costa do Marfil 200px| Savanes 2021 1648; II, IV (cultural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país