A Agra é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés do Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 147 habitantes (73 homes e 74 mulleres).

Trátase da aldea máis grande da parroquia de Xuño. O seu nome deriva da palabra latina agru que significa "campo". É un terreo chan, moi extenso, situado nas zonas baixas da parroquia a moi poucos metros sobre o nivel do mar. Na Agra localízanse a zona de movemento social e económico da parroquia. Aquí están os grandes supermercados, os bancos e os principais negocios; moi preto, tamén está a igrexa parroquial.

Toponimia O topónimo provén do latín , e é unha extensión de terreo cultivábel dividida en leiras que pertencen a varios propietarios.

Lugares e parroquias Lugares de Xuño

Parroquias do Porto do Son

Categoría:Lugares do Porto do Son Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía