Bostrichoidea (bostricoideos) é unha superfamilia de escaravellos. É a superfamilia tipo da infraorde Bostrichiformia.
Descrición Os Bostrichoidea comparten as seguintes características: criptonefidrismo modificado, a estrutura do edeago (órgano reprodutor) en machos e a falta dunha mola mandibular basal nas larvas.
Ademais disto, os Bostrichoidea mostran varias morfoloxías específicas. Por exemplo, soamente nos Bostrichidae, a forma do corpo adulto varía de convexo a aplanado, a lonxitude corporal vai de 2 a 50 mm e a cor pode ser amarela, marrón ou negra e ás veces ten un ton metálico.
Ecoloxía
Os bostricoideos viven xeralmente en hábitats secos. Por exemplo, moitos Bostrichidae comen madeira, aínda que algúns comen tamén plantas monocotiledóneas e Rhyzopertha dominica aliméntase de grans de cereais almacenados e produtos cereais. Igualmente, a maioría dos Ptinidae perforan a madeira en estado de larva, pero algúns aliméntanse doutras plantas secas ou material animal, tales como comida almacenada, tabaco e espécimes de museo. Os Dermestidae son tipicamente preeiros de materia orgánica seca cun alto contido proteico, e algunhas especies son predadoras ou comen pole e néctar.
Familias e subfamilias Bostrichoidea comprende os seguintes subgrupos: Familia Bostrichidae Latreille, 1802 Subfamilia Bostrichinae Latreille, 1802 Subfamilia Dinoderinae Thomson, 1863 Subfamilia Dysidinae Lesne, 1921 Subfamilia Euderiinae Lesne, 1934 Subfamilia Lyctinae Billberg, 1820 Subfamilia Polycaoninae Lesne, 1896 Subfamilia Psoinae Blanchard, 1851 Familia Dermestidae Latreille, 1804 Subfamilia Attageninae Laporte, 1840 Subfamilia Dermestinae Latreille, 1804 Subfamilia Megatominae Leach, 1815 Subfamilia Orphilinae LeConte, 1861 Subfamilia Thorictinae Agassiz, 1846 Subfamilia Trinodinae Casey, 1900 Familia Endecatomidae LeConte, 1861 Familia Ptinidae Latreille, 1802 (antes Anobiidae) Subfamilia Alvarenganiellinae Viana e Martínez, 1971 Subfamilia Anobiinae Fleming, 1821 Subfamilia Dorcatominae Thomson, 1859 Subfamilia Dryophilinae Gistel, 1848 Subfamilia Ernobiinae Pic, 1912 Subfamilia Eucradinae LeConte, 1861 Subfamilia Mesocoelopodinae Mulsant e Rey, 1864 Subfamilia Ptilininae Shuckard, 1839 Subfamilia Ptininae Latreille, 1802 Subfamilia Xyletininae Gistel, 1848
Notas
Categoría:Bostrichiformia