Grey's Anatomy é unha serie de televisión estadounidense que se estreou orixinalmente o 27 de marzo de 2005 a través de American Broadcasting Company (ABC). A serie con historia ficticia sobre as vidas de cirurxiáns internos, médicos residentes e asistentes dun hospital que tentan facer carreira como doutores ó tempo que deben manter en equilibrio as súas relacións profesionais e persoais. O título é unha alusión a Gray's Anatomy, un libro clásico de anatomía humana que foi publicado orixinalmente en Londres en 1858 e foi escrito por Henry Gray. Shonda Rhimes desenvolveu o piloto e escribiu a serie até o ano 2017. Krista Vernoff, que anteriormente traballara con Rhimes, é agora a principal creadora. Rhimes tamén foi un dos produtores executivos xunto con Betsy Beers, Mark Gordon, Krista Vernoff, Rob Corn, Mark Wilding e Allan Heinberg, e recentemente Ellen Pompeo. Malia que a serie está ambientada na cidade de Seattle, foi rodada principalmente nos Ánxeles, California.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2005 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da ABC