As escolas Labaca é un edificio situado no centro da cidade da Coruña.
Historia Os irmáns Ángela e Ricardo Labaca fundaron a Escola Católica de Ave María en honra dos seus pais para atender a nenos e nenas de clase humilde.A Coruña Modernista Cando se construíu o edificio a zona do Camiño Novo estaba practicamente sen edificar, só con algunhas edificacións industriais.
Anos despois a escola pasou aos poderes públicos.
Descrición O edificio principal foi deseñado por Leoncio Bescansa en estilo modernista e neogótico e consta de dous andares. O inferior estaba destinado a aulas e o superior para vivendas dos mestres e unha aula.
Ten planta simétrica e destaca a fachada cunha torre como elemento central, máis alta que a cornixa. Rodeando a torre hai seis pináculos con decoracións con formas xeométricas rematadas nunha coroa.
Tamén destaca a reixa, con forma de tea de araña.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Turgalicia A arquitectura modernista CEIP Plurilingüe Labaca
Categoría:Arquitectura civil na Coruña Labaca