miniatura|Larvas do escaravello da fariña (Tenebrio molitor) ilustradas por Des Helmore

O Tenebrio molitor ou escaravello da fariña,BUSCatermos bicho da fariña tamén chamado bicho da fariña, tenebrio amarelo ou tenebrio común, é unha especie de escaravello tenebriónido. Como todos os insectos holometábolos, pasa por catro estadios vitais: ovo, larva, pupa e adulto. As larvas miden tipicamente uns 2,5 cm ou máis, mentres que os adultos están xeralmente entre 1,25 e 1,8 cm de lonxitude. É unha praga dos grans de cereais almacenados e da fariña, de aí o seu nome (pero o Tribolium castaneum, outro tenebriónido, de cor vermella, tamén é outro escaravello da fariña). A larva é comestible.

Reprodución miniatura|Larvas de Tenebrio molitor comendo un cacho de mazá

O escaravello da fariña reprodúcese moi prolificamente. Os machos insiren paquetes de esperma cos seus edefagos na femias, as cales en poucos días escavan no chan brando e poñen alí os ovos. Durante a súa vida a femia poñerá como media uns 500 ovos. Pasados de 4 a 19 días fan eclosión os ovos. Durante o seu estado larval aliméntanse de vexetación e insectos mortos e mudan entre cada estadio larval ou ínstar (pasan por de 9 ao 20 ínstares). Despois da muda final pupan. A pupa nova é abrancazada e vaise poñendo marrón co tempo. Despois de 3 a 30 días, dependendo das condicións ambientais, como a temperatura, emerxe como escaravello adulto.

Feromonas sexuais

Identificouse unha feromona liberada polo macho. A endogamia reduce o atractivo das feromonas sexuais. As femias son máis atraídas cara a cheiros producidos polos machos non emparentados que polos emparentados. A restrición da capacidade de sinalización do macho pode deberse á expresión de alelos homocigotos recesivos deletéreos causada pola endogamia.

Relacións cos humanos

Como praga Xeralmente considéranse pragas, porque se alimentan de grans de cereais almacenados. Probablemente se orixinaron na rexión mediterránea, mais agora están presentes en todo o mundo como resultado do comercio humano e a colonización. Os rexistros arqueolóxicos destes escaravellos poden remontarse ata a Idade de Bronce en Turquía. Están ausentes dos rexistros arqueolóxicos do antigo Exipto.

Como alimento de animais Os escaravellos da fariña utilízanse como alimento para animais de compañía e para réptiles, peixes e aves en catividade. Tamén se usan como alimento para paxaros silvestres en alimentadores para paxaros, especialmente durante a esación de aniñamento. Son útiles polo seu alto contido en proteínas. Tamén se usan como isco para pescar.

Poden atoparse á venda en contedores con farelo ou avea. Os criadores comerciais incorporan unha hormona xuvenil no proceso de alimentación para mantelo en estado larval e conseguir que cheguen a lonxitudes de 2 cm ou máis.

Como alimento humano miniatura|Unha cunca con larvas de escaravello da fariña As súas larvas son insectos comestibles para os humanos, e procesados en diversos produtos de comidas feitas de insectos e poden venderse incorporados a hamburguesas, por exemplo.

A larva foi historicamente comida en países asiáticos, especialmente no Sueste de Asia. Alí, é común atopalos nos mercados e vendidos como comida para tomar pola rúa, xunto con outros insectos comestibles. Fritidos ou asados foron comercializados como un aperitivo saudable en tempos recentes, aínda que o seu consumo data de hai séculos.

En maio de 2017 a súa venda como comida foi aprobada en Suíza. En xuño de 2021, as larvas de escaravellos da fariña secas foron autorizadas como alimento novo na Unión Europea, unha vez que a Autoridade de Seguridade Alimentaria Europea estimou que as larvas son seguras para a alimentación humana.

As larvas teñen un contido nutritivo significativo. Cada 100 gramos de larvas crúas ten 206 quilocalorías e o contido proteico está entre 14 e 25 gramos. As larvas conteñen niveis de potasio, cobre, sodio, selenio, ferro e cinc que son comparables ás da carne de tenreira. Conteñen tamén ácidos graxos esenciais como o ácido linoleico. Teñen tamén un maior contido en vitaminas por peso que a tenreira, pero a B12 non está incluída.

Poden criarse doadamente en avea fresca, farelo ou gran de trigo, con patacas cortadas, cenorias ou mazás como fonte de humidade. O pouco espazo que cómpre para crialos fai que sexan relevantes para unha produción en masa escalable industrialmente.

Eliminación de lixo

En 2015 descubriuse que os escaravellos da fariña poden degradar o polistireno converténdoo en materia orgánica utilizable a unha velocidade duns 34–39 miligramos ao día. Ademais, non se atopou diferenza entre os escaravellos da fariña alimentados exclusivamente con Styrofoam e os alimentados con comida convencional, durante un experimento dun mes de duración. Os microorganismos dentro do intestino dos escaravellos da fariña son os responsables da degradación do polistireno, e os escaravellos aos que se lles deu o antibiótico xentamicina xa non mostraron signos de poden facer esta degradación. Porén, as colonias illadas de microbios da flora intestinal destes escaravellos demostraron ser menos eficientes na degradación destes produtos que as colonias que vivían dentro do intestino do insecto.

En misións espaciais Zond 5, unha misión espacial de 1968 levou a bordo estes animais, que foron uns dos primeiros organismos terrestres que viaxaron e orbitaron a Lúa.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Zophobas morio

Ligazóns externas

Darkling Beetle/Mealworm Information. Center for Insect Science Education Outreach. Universidade de Arizona. Mealworms and Darkling Beetles (Tenebrio beetle). FOSSweb. Como criar escaravellos da fariña Como coidar escaravellos da fariña

Categoría:Tenebriónidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné