dereita|miniatura|250x250px|Paciente recibindo terapia de cobalto en 1951 A terapia de cobalto ou cobaltoterapia é o uso médico dos raios gamma dos radioisótopos de cobalto-60 e utilízanse para o tratamento de doenzas coma o cancro. Debido a que as máquinas de cobalto requiren mantemento especializado, adoitan estar aloxadas en áreas chamadas unidades de cobalto ou bomba de cobalto.
A súa denominación deriva do uso dun:
Radioisótopo de cobalto 60 para o tratamento desas doenzas Pistón pneumático (bomba) para o desprazamento do isótopo.
A desintegración ocorre segundo a fórmula:O período de semidesintegración do cobalto 60 é de 5,27 anos. A blindaxe da cabeza absorbe a radiación beta, pois esta non é útil. O que se emprega é a radiación gamma, cunha enerxía media de 1,33 MeV (megaelectronvoltios).
En 1961 esperábase que a terapia de cobalto substituíse a radioterapia de raios X de baixa enerxía. Desde a década de 1950 os aceleradores lineais están a substituír as bombas de cobalto por estes motivos, entre outros:
Dificultade na produción de cobalto-60 Xestión dos residuos radioactivos Exposición a radiacións do persoal sanitario Os feixes de fotóns de menor enerxía que dificultan tratamentos de radioterapia máis precisos
Porén, a simplicidade e o custo dunha unidade de cobalto facilita a súa instalación en calquera lugar. De feito, os aceleradores lineais están a aumentar nos países desenvolvidos, mentres que nos menos desenvolvidos aínda se instalan bombas de cobalto.
Breve descrición do aparello Consiste nunha fonte radioactiva inserida nun tubo de chumbo, cunha abertura lateral en que se acoplou un colimador complexo. Cando se utiliza o aparello, a fonte radioactiva desprázase lateralmente até coincidir coa abertura, o que permite a saída da radiación. As medidas de seguridade permiten que, mentres non se está a realizar un tratamento (por exemplo, ao abrir a porta da sala), a radiación non escape, xa que a fonte radioactiva se volve inserir de xeito automático no tubo de chumbo.
Importancia da vida media do radionúclido O maior problema da bomba de cobalto é o ter unha vida media relativamente breve, xa que a radiación perde actividade nun período curto. Malia o cobalto radioactivo non perder a capacidade de xerar radiación daniña, aumenta a duración dos tratamentos e, xa que logo, a incomodidade das e dos pacientes. Outros inconvenientes son a necesidade de substituílo e o alto custo do recambio, por ter que manipular material radioactivo.
As unidades de cobalto producen raios estábeis e dicromáticos de 1,17 e 1,33 MeV, o que resulta nunha media de enerxía do feixe de 1,25 MeV. O papel da unidade de cobalto foi parcialmente substituído polo acelerador lineal, que pode xerar unha maior radiación de enerxía. O tratamento de cobalto segue a ter utilidade en certas aplicacións e aínda se usa en todo o mundo, xa que a máquina é relativamente fiábel e fácil de manter en comparación co acelerador lineal moderno. O cobalto-60 ten unha vida media de 5,3 anos, polo que ten que ser substituído pasado ese tempo.
Gamma knife O bisturí gamma (Gamma Knife en inglés) é un aparello usado para tratar tumores cerebrais. Funciona mediante a administración de radiación gamma de alta intensidade procedente de múltiples fontes de cobalto-60. Deste xeito, concentra toda a radiación nunha pequena superficie.
Notas
Categoría:Radioterapia Categoría:Medicina Categoría:Oncoloxía Categoría:Física médica