Nieves García Vicente, nada en Madrid o 23 de xullo de 1955, é unha Mestra Internacional Feminina de xadrez española.
Competicións nacionais Foi 11 veces campioa de España: 1975, 1977, 1978, 1981, 1982, 1984, 1992, 1993, 1996, 1998 e 2003. Resultou subcampioa en 6 ocasións: 1976, 1986, 1988, 1990, 2000 e 2007.
Competicións internacionais Participou representando a España nas Olimpíadas de xadrez en 15 ocasións: 1974, 1976, 1978, 1980, 1982, 1984, 1986, 1988, 1990, 1992, 1994, 1996, 1998, 2000 e 2004. En 1976 gañou en Haifa a medalla de bronce por equipos e a medalla de prata individual no segundo taboleiro. Participou tamén no Campionato de Europa de xadrez por equipos en catro ocasións: 1992, 1999, 2001 e 2003. Este último ano obtivo en Plovdiv a medalla de bronce individual no taboleiro reserva.
Clasificouse dúas veces para os torneos interzonais, preliminares para o Mundial de xadrez feminino. En 1979 en Alacant acabou 9/18, e en 1982 en Tbilisi acabou 8/15.
Libros Enseñanzas básicas de ajedrez (2000). Madrid: La casa del ajedrez, ISBN 9788492361243
Notas
Categoría:Xadrecistas de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades sen imaxes