Medio dólar da Liberdade camiñando "½ Dollar "Walking Liberty Half Dollar"". Numista.com160x160px160x160pxA/: A Liberdade camiñando cara ao abrente, con pólas de carballo e loureiro nas mans. Data. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST.R/: Aguia coas ás despregadas ollando cara á esquerda, pousada nun cumio. Marca de gravador (monograma WA). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM / HALF DOLLAR. Datas: 1916-1947. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Gravador: Adolph Alexander Weinman. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 485.320.340 exemplares. Diámetro: 30,63 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 1,80 mm. Canto: estriado.

O medio dólar da Liberdade camiñando é unha moeda estadounidense de prata con valor de 50 centavos ou medio dólar emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1916 e 1947 e cuñada nas cecas de Filadelfia, Denver e San Francisco. Esta moeda foi deseñada e gravada polo escultor Adolph A. Weinman.

En 1915, o novo director da Casa da Moeda dos EEUU, Robert W. Woolley, decatouse de que a lei o facultaba para substituír os deseños das moedas circulantes que levaban máis de 25 anos en uso, polo que de camiño iniciou o proceso de substitución das moedas da vixente serie Barber (10 centavos, ¼ dólar e ½ dólar) todas elas cun deseño moi similar creado por Charles E. Barber e cuxa cuñaxe comezara xa en 1892. Woolley encargoulle á Comisión de Belas Artes a organización dun concurso, como resultado do cal resultou escollido Weinman como deseñador das novas moedas de 10 centavos e de medio dólar.

O deseño de Weinman da Liberdade camiñando cara ao Sol resultou difícil de adaptar para o seu gravado nos cuños, ante o que o secretario do Tesouro, William G. McAdoo, de cuxo departamento depende a US Mint, considerou a posibilidade de que Barber crease o seu propio deseño alternativo. Os funcionarios da Casa da Moeda conseguiron preparar os cuños para comezar a produción co deseño de Weinman, aínda que os resultados non foron os esperados e xurdiron diversos problemas, o que se puido converter nun dos motivos para a súa substitución en 1948 polo medio dólar Franklin, creado por John R. Sinnock e Gilroy Roberts.

Malia todo, o historiador da arte Cornelius Vermeule considerou que o medio dólar da Liberdade camiñando se acha entre as moedas máis fermosas da historia dos EEUU. En 1986 levouse a cabo unha modificación do seu anverso para o incorporar a unha moeda de investimento emitida a partir de entón, o dólar American Silver Eagle. En 2016 realizouse unha emisión extraordinaria en ouro do medio dólar da liberdade camiñando, conmemorativa do centenario da súa creación.

Antecedentes e inicio O 26 de setembro de 1890, o Congreso dos Estados Unidos aprobou unha lei na que se establecía, entre outras cousas, o seguinte:"Act of September 26, 1890". United States Mint."26 Stat L. 484. Sept. 26, 1890". En Richardson, W. A. ed. (1891). Páxinas 806-807.

miniatura|170x170px|Anverso do anterior medio dólar Barber."½ Dollar "Barber Half Dollar"". Numista.com

A serie de moedas circulantes Barber, así coñecida por estar deseñada polo daquela gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU Charles E. Barber, introducírase en 1892, e estaba composta por moedas de 10 centavos (dime), dun cuarto de dólar e de medio dólar.Breen, W. (1988). Páxinas 572-573. Mais estas moedas non gozaban do recoñecemento da poboación que as utilizaba.Lange, D. W. (2006). Páxinas 134, 136. A partir de 1905, as sucesivas administracións presidenciais intentaron dotar o sistema monetario dos Estados Unidos duns deseños modernos e atractivos.Burdette, R. W. (2005). Páxina 12. Logo dos novos deseños da serie de ouro formada pola dobre aguia (20 dólares), a aguia (10 dólares), a media aguia (5 dólares) e o cuarto de aguia (2½ dólares) entre 1907 e 1908, os partidarios da substitución tamén da serie Barber de prata comezaron a exercer presión para que se producise o cambio en 1916, cando expiraba o prazo mínimo de 25 en circulación. Xa en 1914, Victor David Brenner, deseñador do centavo Lincoln, presentara pola súa conta novos deseños para as moedas de prata, aínda que a resposta por parte do secretario do Tesouro, William G. McAdoo, foi que daquela estaba moi ocupado con outros asuntos.Burdette, R. W. (2005). Páxina 13.

O 2 de xaneiro de 1915 publicouse no xornal Michigan Manufacturer and Financial Record unha entrevista co superintendente da Ceca de Filadelfia, Adam M. Joyce, na que este afirmaba:Carter, F. E. (1915).

miniatura|302x302px|O daquela secretario do Tesouro, William Gibbs McAdoo."McAdoo, William Gibbs". Library of the Congress.

En xaneiro de 1915, o subsecretario do Tesouro, William P. Malburn, envioulle a McAdoo un informe sobre a cuñaxe das moedas divisionarias de prata, no que se sinalaba que "o medio dólar, o cuarto de dólar e a moeda de 10 centavos de prata actuais cambiaron en 1892, polo que se poderá adoptar un novo deseño en 1916. Isto pódese facer en calquera momento do ano".Burdette, R. W. (2005). Páxinas 13-14. A resposta de McAdoo foi: "deixemos que a Casa da Moeda presente os seus deseños, antes de probarmos con ninguén máis.Burdette, R. W. (2005). Páxina 14.

En abril de 1915, Robert W. Woolley asumiu o cargo de director da US Mint, en substitución de Abram Piatt Andrew. O 14 dese mesmo mes, o novo director pediulle ao superintendente Joyce que lle encargase novos deseños ao gravador xefe da ceca, que seguía a ser Charles E. Barber logo de 36 anos no posto. O mesmo día, o subsecretario Malburn solicitou a opinión do asesor xurídico do Departamento do Tesouro acerca da idea da Casa da Moeda de cambiar os deseños das tres moedas de prata para 1916, e tres días despois este respondeu que non había óbice ningún para facer o cambio."Mercury dimes. Chapter 1: History of the Mercury dimes". En Lange, D. W. (1993). Naquel momento, a Casa da Moeda estaba moi ocupada coa produción das moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, polo que non se tomaron medidas inmediatas. En outubro, o director Wooley convocou a Barber para tratar o asunto dos novos deseños, aínda que non se coñece con certeza se este xa tiña preparados daquela algúns esbozos para as novas moedas.

O 3 de decembro, Woolley reuniuse coa Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos e pediu a esta institución que examinase os esbozos realizados polo departamento de gravado da Casa da Moeda, dirixido por Barber, quen estivo presente na reunión para lles explicar aos membros da Comisión os detalles do proceso de cuñaxe. O director suxeriulles aos membros que, se non lles gustaban as propostas presentadas pola Casa da Moeda, seleccionasen eles mesmos un grupo de escultores que presentasen os seus propios deseños para as novas moedas. A intención de Woolley era que as tres moedas tivesen deseños diferentes entre elas —as da serie Barber eran moi semellantes—.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 14-15. O director tamén informou a comisión de que, como os modelos anteriores levaban 25 anos en circulación, cumpría cambialos, o que o historiador numismático David Lange considera unha "interpretación errónea da lei", que só facultaba, mais non obrigaba o director para facer o cambio.Lange, D. W. (1993). Páxina 3.

Á comisión non lle pareceron satisfactorias as propostas presentadas por Barber,Burdette, R. W. (2005). Páxina 16. polo que seleccionou unha tríade composta polos escultores Adolph Weinman, Hermon MacNeil e Albin Polasek, para que presentasen os seus propios deseños para as moedas. Os escultores podían presentar varios esbozos, e a Casa da Moeda reservábase o dereito de poder utilizar un deseño para unha moeda diferente da prevista polo seu autor, aínda que os deseños non eran totalmente intercambiables, xa que, por lei, no reverso do cuarto dólar e do medio dólar debería aparecer unha aguia, que non podía, ademais, representarse na de 10 centavos. Aínda así, Woolley esperaba que cada escultor tivese éxito cunha soa peza.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 19-20. miniatura|360x360px|A Comisión de Ensaios dos EEUU reuniuse o 9 e 10 de febreiro de 1916 para comprobar que as moedas do ano anterior cumprisen as especificacións. Na foto están presentes, entre outros, o director da US Mint, Robert W. Woolley, o gravador xefe Charles E. Barber, e o superintendente da Ceca de Filadelfia, Adam Joyce.The Numismatist. Vol. 29. Nº 5. Maio de 1916. Páxina 226. Os tres escultores enviaron as súas propostas a mediados de febreiro e o 23 dese mes reuníronse con Woolley en Nova York. Logo das consultas mantidas entre Woolley e McAdoo, o 28 de febreiro notificóuselle a Weinman que os seus esbozos foran os seleccionados para as moedas completas de 10 centavos e de medio dólar, así como para o reverso da dun cuarto de dólar. Ese mesmo día, Woolley comunicoulle tamén a MacNeil que se ocuparía do anverso desta última, e a Polasek que as súas propostas non tiveran éxito.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 22-23. No entanto, os membros da comisión convenceron a Woolley de que non se lle debía confiar tanto traballo a un só artista, polo que finalmente se lle enco mendarona MacNeil ambas as faces do cuarto de dólar, coa condición de que o escultor realizase un novo deseño que lle agradase a Woolley.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 26-27.

O 3 de marzo realizouse o anuncio público das novas moedas, nun comunicado de prensa no que se indicaba que o Departamento do Tesouro esperaba que a súa produción comezase aproximadamente en dous meses, logo de finalizar os deseños. Ese mesmo día, o director Woolley escribiulle ao gravador xefe Barber para lle comunicar formalmente que os seus esbozos foran rexeitados e que os modelos propostos por Weinman e MacNeil chegarían á Ceca de Filadelfia como máximo o día 1 de maio.Lange, D. W. (1993). Páxinas 4-5. Segundo o historiador numismático Walter Breen, a partir dese momento Barber pasou a amosar unha actitude "túzara e nada colaborativa".Breen, W. (1988). Páxina 326. Pola súa banda, David Lange sinala que se produciron "numerosos atrasos á medida que os artistas afinaban os seus modelos e, ao mesmo tempo, sorteaban os obstáculos que Barber lles puña no camiño. Aínda que as súas observacións sobre moitos aspectos do proceso de cuñaxe eran moi acertadas, é evidente que se poderían ter formulado dun xeito máis construtivo".Lange, D. W. (2006). Páxina 150. No seu libro sobre as moedas de 10 centavos Mercury, Lange indica que Barber, que daquela tiña 75 anos, se vira "obrigado nos dez anos anteriores a participar na destrución sistemática dos logros de toda unha vida"; de feito tivo que colaborar no proceso que deu lugar a que as moedas deseñadas por outros substituísen as que foran deseñadas por el.Lange, D. W. (1993). Páxina 4.

Coas novas pezas, completaríase o cambio recente de todas as moedas estadounidenses —coa excepción do dólar Morgan, que non se cuñaba daquela—.Vermeule, C. (1971). Páxina 139. Segundo unha columna publicada na revista The Art World no mesmo 1916, aínda que despois da aparición das novas moedas:"The Administration and its Attitude to Art: The Coinage". En The Art World. Nova York. Vol. 1. Nº 1. 1916. Páxinas 19-20, 74.

Deseño miniatura|170x170px|Os francos da "sementadora", do deseñador francés Louis Oscar Roty, puideron servir de inspiración para o anverso do medio dólar."1 franc Semeuse O.Roty". Fr.numista.com Consonte o secretario do Tesouro McAdoo, no seu informe anual correspondente a 1916:McAdoo, W. G. (1917). Páxina 365.