Suíza é unha próspera e estábel economía moderna de mercado cun PIB per cápita maior que o das grandes economías da Europa occidental. Nos últimos anos, os suízos teñen axustado grandemente as súas prácticas económicas coas da Unión Europea para aumentar a súa competitividade internacional. Aínda que o país non estea á procura de ser membro pleno da UE a curto prazo, Berna e Bruxelas asinaran acordos para unha maior liberalización comercial en 1999. Eles continúan a discutir outras áreas de cooperación. Mentres, a Suíza é membro da Asociación Europea de Libre Comercio.
O país segue sendo un porto seguro para investidores, por ter mantido un grao de sixilo bancario e por manter elevado o valor externo de longo prazo do franco. A taxa de crecemento do PIB caeu para o 0,8% en 2001, para 0,2% en 2002, e para -0,3% en 2003. En 2004 e 2005 subiu para 1,8%. Aínda así a súa taxa de desemprego é menos que metade da media da Unión Europea.
Notas
Véxase tamén
Outras páxinas
Casa da Moeda de Suíza