Victor David Brenner (chamado orixinalmente Avigdor David Brenner),McMorrow-Hernandez, J. (2020). "Victor David Brenner & His Lincoln Cent". Professional Coin Grading Services (PCGS). nado en Šiauliai, Lituania, o 12 de xuño de 1871 e finado en Queens, Nova York, o 5 de abril de 1924, foi un escultor, diseñador e gravador de medallas e de moedas estadounidense de orixe lituana, coñecido por ser o autor da moeda dun centavo de dólar Lincoln.

Brenner acadou a nacionalidade estadounidense o 27 de abril de 1896.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Victor David Brenner naceu o 12 de xuño de 1871 na vila de Šiauliai, na parte do Imperio Ruso correspondente á actual Lituania,"Victor David Brenner". Findagrave.com nunha familia xudía, fillo de Sarah Margolis e de George Brenner. O seu avó era ferreiro e o seu pai un experto na talla ornamental e no gravado.Baranauskas, E. W. (2000).

Desde os 13 anos, Brenner comezou a formarse no oficio do seu pai, ata que en 1890, aos seus 19 anos, emigrou cara a América e asentouse en Nova York.Forrer, L. (1904). Páxina 277. Alí comezou a traballar como gravador de selos e de xemas, e continuou a súa formación asistindo ás clases nocturnas na Cooper Union.

En Nova York comezou tamén a afección á numismática de Brenner, quen en 1894 se afiliou á American Numismatic and Archaeological Society e en 1902 á American Numismatic Association.

Carreira como gravador miniatura|Victor David Brener no seu estudio en 1909, cun modelo en xeso do seu centavo Lincoln. En 1899, oito anos despois da súa chegada a América, cando deu aforrado o suficiente, marchou a París para perfeccionar os seus coñecementos no gravado artístico dos metais da man de —entre outros— Louis Oscar Roty, na Académie Julian. Nesa cidade comezou a expor a súa obra e acadou os seus primeiros premios na Exposición Universal de París de 1900.

Á súa volta a Nova York a súa carreira comezou a prosperar, ata o punto de que o presidente Theodore Roosvelt visitou o seu estudio para posar para unha medalla encargada a Brenner sobre a Canle de Panamá. Durante esa visita, o presidente quedou abraiado cunha plaqueta de Breener que representaba o busto de Abraham Lincoln, e ese foi o xerme da posterior encarga da obra máis representativa do gravador: o centavo Lincoln.Margolick, D. (2007). "Penny Foolish". En The New York Times. 11 de febreiro.

Brenner morreu en Nova York o 5 de abril de 1924 en Nova York, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio Mount Judah, en Ridgewood, Queens.

Recoñecementos

(1922): Premio Sanford Saltus de Medalla, da American Numismatic Society, de Nova York."The Saltus Medal Award ". American Numismatic Society.

Obra

O centavo Lincoln

miniatura|270x270px|Moeda dun centavo Lincoln de 1909 da Ceca de San Francisco, coas iniciais VDB no exergo do reverso."1 Cent "Lincoln - Wheat Ears Reverse"". Numista.com A obra pola que Brenner é máis recoñecido é o centavo Lincoln. Brenner convertérase nun dos principais medallistas do país e o presidente Roosevelt, que coñecía o seu talento, quería dedicarlle unha moeda a Lincoln co busto que vira na plaqueta de bronce do seu estudio, baseada na fotografía de Mathew Brady, un fotógrafo de principios da Guerra Civil.

Así as cousas, Roosevelt ordenou que se emitise unha nova moeda dun centavo baseada na obra de Brenner, para conmemorar o centenario de Lincoln en 1909. No seu primeiro ano de emisión, incorporáronse no exergo do reverso as iniciais de Brenner (V.D.B.), mais ao pouco tempo retiráronse, por considerárse demasiado prominentes, e en 1918 foron recuparadas, esta vez no truncamento do ombreiro do anverso."The Lincoln Cent and his Maker". En Harper's Weekly. Vol. 53. 21 de agosto de 1909. Páxina 24."Coin Designer Profiles: Victor David Brenner". En Coin Week. 4 de agosto de 2015.

Outros traballos miniatura|Placa de bronce elaborada por (1907), co busto de Abraham Lincoln."Abraham Lincoln 1907". Metropolitan Museum of Art. Entre a restante produción artística de Victor Brenner pódense salientar as seguintes obras:"The Lincoln Cent and his Maker". En Harper's Weekly. Vol. 53. 21 de agosto de 1909. Páxina 24.

Medalla de Muhlenberg (1896), emitida pola American Numismatic and Archaeological Society)."The William Augustus Muhlenberg Medal 1896". Metropolitan Museum of Art. Medalla de Muhlenberg Medal (1896), emitida pola American Numismatic and Archaeological Society)."The William Augustus Muhlenberg Medal 1896". Metropolitan Museum of Art. Plaqueta co retrato de Fridtjof Nansen (1897)."Fridtjof Nansen 1897". Metropolitan Museum of Art. Medallón co retrato de Clovis Delacour (1899)."Clovis Delacour 1899". Metropolitan Museum of Art. Medallón co retrato de J. Sanford Saltus (1900)."J. Sanfor Saltus 1900". Metropolitan Museum of Art. Selo da Biblioteca Pública de Nova York (1903)."Hahlo-2, The New York Public Library Seal ". American Numismatic Society. Medallón co retrato do Príncipe Henrique de Prusia (1902)."Prince Henry of Prussia 1902". Metropolitan Museum of Art. Plaqueta co retrato de John Paul Jones (1906)."John Paul Jones 1906". Metropolitan Museum of Art. Plaqueta co retrato de Abraham Lincoln (1907). Plaqueta co retrato de Katrina Trask (1907)."Katrina Trask 1907". Metropolitan Museum of Art. Escultura do busto de Charles Eliot Norton (1907)."Object Number 1907.3". Harvard Art Museums. Plaqueta co retrato de Carl Schurz (1908)."Carl Schurz 1907". Metropolitan Museum of Art. Escultura monumental A Song to Nature (1918), na praza Schenley, da Universidade de Pittsburgh."A Song of Nature, by Victor David Brnner 1918". University of Pittsburg.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Baranauskas, E. W. (2000). "Profiles:Brenner of Baranauskas?: Unraveling the mistery of the name and origin of the designer of the Lincoln penny". En Draugas News. 15 de marzo.

Forrer, L. (1904). "Brenner, Victor David". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 1. Spink & Son, Londres. Páxinas 277-279.

Categoría:Nados no condado de Šiauliai Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Alumnos da Cooper Union Categoría:Alumnos da Académie Julian Categoría:Medallas Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeolituana