Anthony de Francisci (chamado orixinalmente Antonio), nado en Palermo, Sicilia, o 13 de xullo de 1887 e finado en Nova York o 20 de agosto de 1964, foi un medallista, deseñador de moedas e escultor italo-estadounidense, coñecido principalmente por ser o creador da moeda dun dólar Peace, cuñada por primeira vez en 1921.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Antonio de Francisci naceu o 13 de xullo de 1887, fillo de Maria Liberante e de Benedetto de Francisci, a quen axudou desde neno no seu labor como cortador de mármore. Xunto coa súa familia, emigrou desde a súa Sicilia natal aos Estados Unidos na súa xuventude, en 1905. En 1913 acadou a naturalización como estadounidense e nese momento cambiou o seu nome a Anthony.Hengeveld, D. (1914). "The Life and Work of Anthony de Francisci ". En CoinUpdate.com. 7 de febreiro."Anthony de Francisci. US Coin Designer and Engraver". Usacoinbook.com

Asentado en Nova York, cursou estudos artísticos na Cooper Union, en Manhattan, e posteriormente na Art Students League, onde desenvolveu o seu talento como artista e perfeccionou as súas habilidades como escultor, modelista e gravador. Durante toda esta etapa formativa, De Francisci contou entre os seus profesores a escultores como MacNeil, Weinman, e Fraser, cos que colaborou como axudante, eminentes medallistas e deseñadores dalgunhas das moedas estadounidenses máis populares do momento. Estes artistas tiñan contacto estreito coa Casa da Moeda dos Estados Unidos, o cal puido servir para facilitar o futuro profesional de De Francisci como deseñador de moedas.

A súa admiración por Adolph A. Weiman viuse reflectida nunha das primeiras creacións de De Francisci, unha placa co retrato do seu mestre, realizada en 1915.

Carreira artística miniatura|264x264px|Anthony de Francisci no seu estudio de Nova York."Anthony de Francisci in his studio". Photograph Study Collection, Smithsonian American Art Museum. Logo de concluír a súa formación, en 1915 foi contratado como instrutor pola Universidade Columbia, posto que ocupou durante un tempo, e en 1917 abriu o seu propio estudio-taller de arte e escultura, na mesma cidade de Nova York. En 1920, a Casa da Moeda comezou a encargarlle a conversión en modelos en xeso de deseños para posibles novas moedas, e nese mesmo ano un destes deseños, creado por el, foi escollido para a emisión da moeda de medio dólar conmemorativa do centenario do estado de Maine. Un ano despois, en 1921, creou o dólar Peace, co que acadou sona internacional. Estas dúas foron as únicas moedas deseñadas por De Francisci.

Consagrado xa como artista, as súas creacións artísticas centráronse a partir de entón fundamentalmente en medallas, insignias, emblemas e algúns contados casos de estatuas."de FRANCISCI, Anthony (1887-1964)". Medalartists.com

De Francisci expuxo periodicamente a súa obra na Academia Nacional de Deseño dos Estados Unidos entre 1912 e 1949.

Vida familiar Anthony estivo casado con Teresa Cafarelli, protagonista dun baixorrelevo que el creou en 1920, que tamén foi modelo do retrato do anverso do dólar Peace. Teresa finou na mesma data que o seu home mais en 1990, cando ela tiña 92 anos."Maria Teresa “Mary” Cafarelli DeFrancisci". Finagrave.comHowe, M. (1990). "Teresa De Francisci, Miss Liberty Model For Coin, Dies at 92". En The New York Times. 21 de outubro.

Anthony de Francisci faleceu en Manhattan, Nova York, o 20 de agosto de 1964, aos 77 anos. Os seus restos repousan no cemiterio vello de Saint Raimond, no Bronx, Nova York."Anthony De Francisci". Findagrave.com

Recoñecementos

(1927): Premio Sanford Saltus de Medalla, da American Numismatic Society, de Nova York."The Saltus Medal Award ". American Numismatic Society. (1932): Premio Lindsey Morris Memorial, da Sociedade Nacional de Escultura. (1938): Medalla de ouro Widener, da Academia de Belas Artes de Pensilvania.

Obras

Dólar Peace

miniatura|300x300px|Dólar Peace do primeiro ano de emisión: 1921."1 Dollar "Peace Dollar"". Numista.com Logo do seu éxito como deseñador da moeda do centenario do estado de Maine, en 1921, a Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos invitou a De Francisci e outros sete destacados escultores de Nova York a participar nun concurso no que se escollería o deseño dunha nova moeda dun dólar de prata, en substitución do anterior dólar Morgan. A premisa era que o tema central da moeda fose a paz, en homenaxe á vitoria na primeira guerra mundial, e que o anverso estivese caracterizado por unha cabeza feminina representativa da liberdade. Entre os participantes no concurso estaban tamén os seus amigos e mentores MacNeil e Weinman. Logo de entregadas as propostas dos participantes, o director da Casa da Moeda dos EEUU, Raymond T. Baker, anunciou que o deseño escollido por unanimidade do xurado era o presentado por Anthony de Francisci, e o presidente Harding amosouse satisfeito pola elección. Ademais do prestixio, De Francisci gañou tamén un premio en metálico de 1.500 dólares.Keane, M.; Quinn, B. (2010). "Controversial Coin: The Peace Dollar". En Collectors Weekly. 1 de abril.Burdette, R. W. (2008). A Guide Book of Peace Dollars. Whitman Publishing, Atlanta. ISBN 978-0-7948-2669-7

Dado o apertado do calendario para a produción da moeda, De Francisci non tivo tempo de achar modelos profesionais para recrear a súa representación da Liberdade, polo que lle pediu á súa esposa, Teresa, que servise como modelo para a moeda. Este novo dólar mantívose en produción ata 1964.

Outros traballos Entre a restante produción artística de Anthony de Francisci pódense salientar as seguintes obras:Obra de Anthony de Francisci no Smithsonian American Art Museum

miniatura|265x265px|Medalla da Cabalaría de Texas (1925)."Texas Cavalry Medal". Smithsonian American Art Museum.

Plaqueta co retrato de Adolph Alexander Weinman (1915)."Adolph Alexander Weinman". Smithsonian American Art Museum. Escultura de escaiola La Bayadère (1917)."La Bayadère". Smithsonian American Art Museum. Moeda de medio dólar do Centenario de Maine (1920)."½ Dollar Maine Statehood Centennial". Numista.com Baixorrelevo en latón dourado de Teresa de Francisci (1920)."Teresa". Smithsonian American Art Museum. Insignia da Oficina da Garda Nacional (1921)."United States Army Insignia". Smithsonian American Art Museum. Plaqueta co retrato de Alessandro L. Chiostergi (1922)."Alessandro L. Chiostergi". Smithsonian American Art Museum. Medalla de ouro James Douglas (ca. 1922), para o Instituto americano de Enxeñeiros de Minas, Metalurxia e Petróleo."James Douglas Award for Achievement in Non-ferrous Metallurgy (obverse)". Smithsonian American Art Museum."James Douglas Award for Achievement in Non-ferrous Metallurgy (reverse)". Smithsonian American Art Museum. Pin American Eagle (ca. 1922)."American Eagle Pin". Smithsonian American Art Museum.

Medalla da Cabalaría de Texas (1925)."Texas Cavalry Medal". Smithsonian American Art Museum."Texas Cavalry Medal". Smithsonian American Art Museum. Medalla Creation - Fiat Vita (1935), en alpaca prateada. 12ª emisión da serie da Sociedade de Medallistas."Creation 1935". Metropolitan Museum of Art."Fiat Vita". Smithsonian American Art Museum. Botón de solapa do Servizo Honorífico na segunda guerra mundial (1939)."Ruptured Duck. Honorable Discharge Lapel Pin". Medalsofamerica.com Medalla de Ouro do Congreso a George C. Marshall (1946)."George C. Marshall Medal (obverse)". Smithsonian American Art Museum."George C. Marshall Medal (reverse)". Smithsonian American Art Museum. Medalla de Ouro do Congreso ao xeneral Pershing (1946)."General John J. Pershing Medal". Smithsonian American Art Museum. Medalla a Alfred P. Sloan (ca.1950-1960)."Alfred P. Sloan". Smithsonian American Art Museum. Medalla inaugural da Exposición Universal de Nova York (1964-1965)."The New York World's Fair Medal Process Set". En The E-Sylum. Vol. 24. Nº 13. 28 de marzo de 2021. Medalla a Lincoln (1963), producida pola Medallic Art Company."A beautiful Lincoln’s Medal ". American Numismatic Association. Medalla a Peter Cooper (1964), producida pola Medallic Art Company."Peter Cooper". Yale University art Gallery. Escultura Diana (data indeterminada), Museo Cape Ann, Gloucester, Massachusetts.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Obra de Anthony de Francisci no Smithsonian American Art Museum

Categoría:Nados en Palermo Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Medallas Categoría:Alumnos da Cooper Union Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana