Os cicindélidos (Cicindelidae) son unha familia de escaravellos, coñecidos polos seus agresivos hábitos predadores e gran velocidade ao correr, que antes eran tratados como unha subfamilia de carábidos co nome Cicindelinae. A especie máis rápida coñecida deste grupo é Rivacindela hudsoni, que pode correr a unha velocidade de 9 km/h ou aproximadamente 125 lonxitudes corporais por segundo. En 2005, coñecíanse unhas 2600 especies e subespecies, coa maior diversidade na rexión Oriental (Indomalaia), seguido pola rexión Neotropical.Pearson, D.L. & F. Cassola, 2005 Aínda que historicamene foron tratados como sufamilia dos Carabidae, varios estudos feitos desde 2020 indicaron que deberían ser tratados como unha familia, que é un grupo irmán dos Carabidae dentro de Adephaga.

Descrición

Adoitan ter grandes ollos protuberantes, patas longas e delgadas e grandes mandíbulas curvadas. Todos son predadores, tanto os adultos coma as larvas. O xénero Cicindela ten unha distribución cosmopolita. Outros xéneros ben coecidos son Tetracha, Omus, Amblycheila e Manticora. Aínda que membros do xénero Cicindela adoitan ser diúrnos e poden saír ao exterior nos días máis calorosos, Tetracha, Omus, Amblycheila e Manticora son todos nocturnos. Tanto Cicindela coma Tetracha son con frecuencia de rechamantes cores, mentres que os outros xéneros mencionados son normalmente de cor uniformemente negra. Os do xénero Manticora son os de maior tamaño da subfamilia e viven principalmente nas rexións secas do sur de África.

As larvas viven en buratos cilíndricos de ata 1 metro de profundidade. Teñen cabezas grandes, son xibosas e usan as xibas para voltearse para atrás co propósito de capturar insectos presa que vagan polo chan. Os veloces adultos corren tralas súas presas e son extremadamente rápidos en voo, os seus tempos de reacción son da mesma orde que os das moscas domésticas comúns. Algúns destes escaravellos son arbóreos nos trópicos, mais a maioría corren pola superficie do chan. Viven nas beiras de mares e lagos, en dunas areosas, arredor de lagos secos e en bancos de arxila ou camiños de bosques, gustando especialmente das superficies areosas.Werner, K. 2000

Son considerados boas especies indicadoras e foron usados en estudos ecolóxicos sobre biodiversidade. Varias especies de avespas parasitas non aladas do xénero Methocha (familia Thynnidae), poñen os seus ovos sobre as larvas de varias Cicindela spp., como Cicindela dorsalis.Burdick, D.J. e Wasbauer, M.S. (1959). "Biology of Methocha californica Westwood (Hymenoptera: Tiphiidae)." Wasmann Jour. Biol. 17:75-88. Department of Environmental Conservation

Adaptacións

Realizan unha forma pouco común de persecución na cal alternativamente aceleran moi rápido cara á presa e despois paran e reoriéntanse visualmente. Isto pode deberse a que mentres corren, o seu rápido movemento fai que o seu sistema visual non procese axeitadamente as imaxes. Para evitaren obstáculos mentres corren manteñen as antenas ríxidas e dirixidas cara a adiante para percibir mecanicamente a súa contorna.

Rexistro fósil

O fósil máis antigo deste grupo de escaravellos atopado é Cretotetracha grandis, da formación Yixian de Mongolia Interior, China, que data de inicios do Cretáceo, hai 125 millóns de anos. A maioría dos fósiles atopados estaban en lutitas grises ou amarelas. Características que identifican Cretotetracha como un Cicindelinae son as súas longas mandíbulas con forma de lúa crecente, dentes simples dispostos ao longo da superficie interna da mandíbula, antenas que se unen á cabeza entre a base das mandíbulas e os ollos. A mandíbula esquerda é de aproximadamente 3,3 mm e a dereita duns 4,2 mm de longo. Teñen unha forma corporal longa de aproximadamente 8,1 mm na que os ollos e a cabeza combinados son máis anchos que o tórax, e patas longas corredoras. Fósiles do Mesozoico xa coñecidos previamente deste grupo de escaravellos describíronse na formación Crato, de hai uns 113 millóns de anos e o fósil Oxycheilopsis cretacicus da formación Santana, de hai 112 millóns de anos, ambos no Brasil.

Taxonomía

O grupo foi tratado ou como unha familia (Cicindelidae) ou como subfamilia (Cicindelinae) dentro de Carabidae, pero desde 2020 hai evidencias crecentes de que é mellor tratala como unha familia separada, irmá de Carabidae. Moitos xéneros son o resultado da división do gran xénero Cicindela en varios menores, e moitos foron descritos polo entomólgo alemán Walther Horn.

Xéneros

Abroscelis Hope, 1838 Amblycheila Say, 1829 Aniara Hope, 1838 Antennaria Dokhtouroff, 1883 Apteroessa Hope, 1838 Archidela Rivalier, 1963 Baloghiella Mandl, 1981 Bennigsenium W. Horn, 1897 Brasiella Rivalier, 1954 Caledonica Chaudoir, 1860 Caledonomorpha W. Horn, 1897 Callidema Guerin-Meneville, 1843 Callytron Gistl, 1848 Calomera Motschulsky, 1862 Calyptoglossa Jeannel, 1946 Cenothyla Rivalier, 1969 Cephalota Dokhtouroff, 1883 Chaetodera Jeannel, 1946 Cheilonycha Lacordaire, 1843 Cheiloxya Guerin-Meneville, 1855 Cicindela Linnaeus, 1758 Collyris Fabricius, 1801 Cratohaerea Chaudoir, 1850 †Cretotetracha Zhao et al., 2019 Ctenostoma Klug, 1821 Cylindera Westwood, 1831 Darlingtonica Cassola, 1986 Derocrania Chaudoir, 1860 Diastrophella Rivalier, 1957 Dilatotarsa Dokhtouroff, 1882 Distipsidera Westwood, 1837 Dromica Dejean, 1826 Dromicoida Werner, 1995 Dromochorus Guerin-Meneville, 1845 Ellipsoptera Dokhtouroff, 1883 Enantiola Rivalier, 1961 Eunota Rivalier, 1954 Euprosopus Dejean, 1825 Euryarthron Guerin-Meneville, 1849 Eurymorpha Hope, 1838 Euzona Rivalier, 1963 Grammognatha Motschulsky, 1850 Grandopronotalia W. Horn, 1936 Guineica Rivalier, 1963 Habrodera Motschulsky, 1862 Habroscelimorpha Dokhtouroff, 1883 Heptodonta Hope, 1838 Hypaetha Leconte, 1860 †Hujia Iresia Dejean, 1831 Jansenia Chaudoir, 1865 Langea W. Horn, 1901 Leptognatha Rivalier, 1963 Lophyra Motschulsky, 1859 Macfarlandia Sumlin, 1981 Manautea Deuve, 2006 Mantica Kolbe, 1896 Manticora Fabricius, 1781 Megacephala Latreille, 1802 Megalomma Westwood, 1842 Metriocheila Thomson, 1857 Micromentignatha Sumlin, 1981 Microthylax Rivalier, 1954 Myriochila Motschulsky, 1862 Naviauxella Cassola, 1988 Neochila Basilewsky, 1953 Neocicindela Rivalier, 1963 Neocollyris W. Horn, 1901 Neolaphyra Bedel, 1895 Nickerlea W. Horn, 1899 Notospira Rivalier, 1961 Odontocheila Laporte, 1834 Omus Eschscholtz, 1829 Opilidia Rivalier, 1954 Opisthencentrus W. Horn, 1893 Orthocindela Rivalier, 1972 Oxycheila Dejean, 1825 †Oxycheilopsis Cassola & Werner, 2004 Oxygonia Mannerheim, 1837 Oxygoniola W. Horn, 1892 Paraphysodeutera J. Moravec, 2002 Pentacomia Bates, 1872 Peridexia Chaudoir, 1860 Phaeoxantha Chaudoir, 1850 Phyllodroma Lacordaire, 1843 Physodeutera Lacordaire, 1843 Picnochile Motschulsky, 1856 Platychile Macleay, 1825 Pogonostoma Klug, 1835 Polyrhanis Rivalier, 1963 Pometon Fleutiaux, 1899 Prepusa Chaudoir, 1850 Probstia Cassola, 2002 Pronyssa Bates, 1874 Pronyssiformia W. Horn, 1929 Prothyma Hope, 1838 Prothymidia Rivalier, 1957 Protocollyris Mandl, 1975 Pseudotetracha Fleutiaux, 1894 Pseudoxycheila Guerin-Meneville, 1839 Rhysopleura Sloane, 1906 Rhytidophaena Bates, 1891 Rivacindela Nidek, 1973 Ronhuberia J. Moravec & Kudrna, 2002 Salpingophora Rivalier, 1950 Socotrana Cassola & Wranik, 1998 Stenocosmia Rivalier, 1965 Sumlinia Cassola & Werner, 2001 Tetracha Hope, 1838 Therates Latreille, 1816 Thopeutica Schaum, 1861 Tricondyla Latreille, 1822 Vata Fauvel, 1903 Waltherhornia Olsoufieff, 1934

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Further new country records of African Tiger Beetles with some taxonomical note (Coleoptera, Cicindelidae)" by Peter Schüle. Entomologia Africana 15(2), 2010. The Tiger beetles of Africa by Karl Werner, Taita Publishers 2000. "A Quantitative Analysis of Species Descriptions of Tiger Beetles (Coleoptera Cicindelidae), from 1758 to 2004, and Notes about Related Developments in Biodiversity Studies" by D.L. Pearson and F. Cassola. The Coleopterists Bulletin Vol 59, no. 2, xuño de 2005. Tiger Beetles of Alberta: Killers on the Clay, Stalkers on the Sand by John Acorn. University of Alberta Press, 2001. Tiger Beetles: The Evolution, Ecology, and Diversity of the Cicindelids by David L. Pearson and Alfried P. Vogler. Cornell University Press, 2001. A Field Guide to the Tiger Beetles of the United States and Canada by David L. Pearson, C. Barry Knisley and Charles J. Kazilek. Oxford University Press, 2005. The Beetles of the World, volume 13 , volume 15 , volume 18 , and 20 volume 20 by Karl Werner, Sciences Nat, Venette, 1991, 1992, 1993 & 1995.

Ligazóns externas

Cicindela Online Planet's Coolest Critters—Tiger Beetles Tiger Beetles of the U.S.A. Tiger Beetles of Papua Indonesia Tiger beetles of Florida no sitio Featured Creatures Web en UF / IFAS Moravec J. (2010): Tiger Beetles of the Madagascan Region (Madagascar, Seychelles, Comoros, Mascarenes, and other islands) Taxonomic revision of the 17 genera occurring in the region (Coleoptera: Cicindelidae) (430 pp.) Siuslaw Hairy-Necked Tiger Beetle — Vídeo producido por Oregon Field Guide Štrunc V. (2020): Tiger Beetles of the World - Guía ilustrada de xéneros e 338 especies

Categoría:Adephaga