miniatura| Lécitos do s. V-IV a. C., Museo de Prehistoria de Valencia O lécito, lecito, lecithus ou lekhytos, (do grego λήκυθος — lekythos) é un vaso grego antigo usado para almacenar aceites perfumados destinados ao coidado do corpo. Os lécitos úsanse a miúdo ademais como recipientes funerarios. A forma característica do lécito é xeralmente cilíndrica, delgada, cunha soa asa e un pescozo fino, para controlar a dosificación do aceite, ou con forma ovalada (lécito é tamén a xema do ovo, e a lecitina do ovo provén da mesma raíz).
O inicio da produción de lecitos prodúcese aproximadamente no século VII a. C. A forma típica consolídase durante o período da cerámica de figuras negras na rexión do Ática, no século VI a. C.COOK, R. M. Greek Painted Pottery. Londres, Nova York: Routledge, 1997, p. 221.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cerámica Olaría Olaría da Grecia antiga Cerámica de figuras negras Cuncas dos pequenos mestres Tipoloxía de vasos da Grecia antiga Pintura da Grecia antiga
Bibliografía (en inglés) Donna Carol Kurtz, Athenian White Lekythoi, Oxford University Press, Oxford, 1976; (en inglés) CLARK, Andrew J.; ELSTON, Maya; HART, Mary Louise. Understanding Greek vase (guía de termos, estilos e técnicas). Os Ánxeles, The J. Paul Getty museum, 2002.
Categoría:Olaría da Grecia antiga