Tarsicio Carballo Gallardo, nado en Portela de Aguiar (Sobrado) en 1939 e finado en Ponferrada o 3 de abril de 2025, foi un enxeñeiro, profesor e político berciano, fundador do Partido de El Bierzo e máis do Partido Regionalista de El Bierzo.
Traxectoria Criouse na aldea de Langre en Berlanga del Bierzo. Estudou enxeñaría na Universidade Politécnica de Madrid e despois estabeleceu unha academia de ensino en Ponferrada na que deu clases. En 1979 fundou o Partido de El Bierzo e converteuse no seu primeiro secretario xeral. En 1983 liderou a candidatura do seu partido nas eleccións municipais ao concello de Ponferrada sen lograr entrar na corporación municipal. En 1987 volveu encabezar a candidatura do seu partido nas municipais en Ponferrada e logrou a acta de concelleiro ao obter tres concelleiros o PB.ñ En 1991, despois das eleccións, acadou un pacto de goberno co socialista Celso López Gavela e foi concelleiro de xuventude, deportes, educación e cultura, mais aos seis meses o acordo crebou e pasou á oposición, nas eleccións de 1995 e 1999 volveu encabezar a candidatura bercianista nas municipais en Ponferrada.
No ano 2000, Carballo deixou de liderar o Partido del Bierzo tras un congreso e, logo dunha serie de desacordos entre o antigo secretario xeral e a nova dirección, Carballo e os seus seguidores deixaron o partido para fundar en 2001 o Partido Regionalista del Bierzo con Carballo como secretario xeral. Mantivo a súa acta de concelleiro, xa no grupo mixto, ata 2003. En 2015, volveu de novo entrar como edil, polo PRB, no concello de Ponferrada, pero quedou fóra nos comicios de 2023.
Notas
Categoría:Nados en Sobrado, León Categoría:Concelleiros de Ponferrada Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2025