Ladislau I, en ; nado o 27 de xuño de 1040 e finado o 29 de xullo de 1095, foi rei de Hungría de 1077 até a súa morte. Fillo de Bela I de Hungría e dunha princesa polaca, naceu en Polonia, onde o seu pai se refuxiara, polo que foi bautizado cun nome eslavo.
Ladislau foi canonizado pola Igrexa como San Ladislau, en .
Traxectoria Ladislau sucedeu ao seu irmán Geza I despois da súa morte en 1077. Pasou á historia como un dos responsables do fortalecemento do Reino de Hungría mediante a oficialización do cristianismo no país, aliándose co papado contra o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, colonizando a Transilvania e o Baixo Danubio, por levar o Siculo a territorio húngaro e loitar contra os pechenegos e os cumanos.
Ladislau I casou con Adelaida, filla de Rodolfo de Suabia e da súa segunda esposa, Adelaida de Turín. Tiveron polo menos 1 filla:
Piroska, que casou co emperador Xoán II Comneno.
Á súa morte, en 1095, sucedeuno Coloman, fillo de Géza I.
Na literatura Durante a Idade Media, Hungría xunto coa Península Itálica e o Sacro Imperio Romano Xermánico foi unha das terras das que máis xente partiu para Santiago de Compostela, sendo coñecido o culto ao apóstolo desde principios do século XII, e atopáronse paralelismos entre a figura do Santiago Matamouros e o culto ao rei Santo Ladislau I.
Floris Holik sinalou a sorprendente analoxía entre os poemas de Santiago e San Ladislau, engadindo estes últimos puideron ser froito da imitación consciente dos cantos na honra do apóstolo, o que facilitaría a memorización dos peregrinos. Sándor Bálint tamén destacou que ambos os santos son personaxes que loitan contra os "infieis", o que podería levar á súa eventual asociación posterior.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Reino de Hungría Sacro Imperio Romano Xermánico Szentlászló
Categoría:Nados en 1040 Categoría:Finados en 1095 Categoría:Reis de Hungría Categoría:Casa de Árpád