miniatura|Un grupo de anarquistas porta unha pancarta coa sigla A.C.A.B. ACAB é a sigla da frase inglesa All cops are bastards (en galego: «Todos os policías son uns cabróns»). Na actualidade úsase nalgunhas manifestacións para expresar rexeitamento á brutalidade policial.
Historia A frase «All Coppers Are Bastards» apareceu por primeira vez en Inglaterra na década de 1920. Posteriormente, nas folgas obreiras da década de 1940 foi abreviado a «ACAB». En 1977 a sigla foi testemuñada por un xornalista de Newcastle upon Tyne, quen a viu escrita nas paredes durante unha estadía dunha noite na prisión. Foi usada polos movementos hooligan e skinhead ingleses. Na década de 1980, ACAB converteuse nun símbolo do movemento antisistema, en especial nas subculturas punk e skinhead.
Porén, o seu uso popularizouse desde a década de 1980. A banda británica de Oi!, The 4 Skins, popularizou o acrónimo ACAB en 1982 coa súa canción homónima.
Utilízase como sinónimo de ACAB o número 1312. Isto resulta da substitución das letras pola posición que ocupan no abecedario.
Apoloxía miniatura|250x250px|Pintada coa inscrición completa nun muro en Múnic (Alemaña) miniatura|250x250px|ACAB (1312) en Chile miniatura|250x250px|Modificación do retrato de Francisco Ignacio Madero por colectivos feministas na Cidade de México
O 7 de xaneiro de 2011 tres ultras de fútbol do AFC Ajax de Ámsterdam foron multados por usar camisolas cos números 1312 impresos. O 4 de xullo de 2015 unha moza de Alacant (España) foi multada con 600 euros por vestir unha camisola coas letras «ACAB». O 22 de maio de 2016 unha moza de 34 anos foi denunciada con base na coñecida como «lei mordaza» por lucir nos arredores do estadio Vicente Calderón de Madrid (onde se ía xogar a final da Copa do Rei) un bolso coa sigla «ACAB» e a inscrición All Cats Are Beautiful (‘Todos os Gatos Son Fermosos’). Esta denuncia foi arquivada. En outubro de 2019, como consecuencia do estalido social de Chile, a sigla adquiriu un carácter de consigna política entre as e os manifestantes que enfrontaban a axentes dos Carabineros. As protestas dirixíanse sobre todo á brutalidade policial durante as mobilizacións. O 28 de maio de 2020 miles de manifestantes do movemento estadounidense Black Lives Matter pintaron as siglas nas protestas en Minneapolis, Minnesota como consecuencia do asasinato de George Floyd, cidadán afroamericano asfixiado por parte do corpo policial da cidade. O 4 de setembro de 2020 nais e fillas de vítimas de violencia de xénero e grupos feministas tomaron un dos edificios da Comisión Nacional de Dereitos Humanos (CNDH), no centro histórico da Cidade de México. O organismo foi tomado tras manifestárense ante o edificio durante varios días para esixiren atención ás súas demandas de xustiza. No interior, as manifestantes pintaron muros e modificaron pinturas, entre elas o retrato de Francisco Ignacio Madero do pintor José Manuel Núñez, ao cal lle pintaron as siglas ACAB na fronte. O entón presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, manifestou o seu desacordo con estas accións. O 9 de setembro de 2020 multitudes de manifestantes en Bogotá, Cali, Medellín e outras cidades de Colombia pintaron e arengaron as siglas no marco das protestas polo asasinato de Javier Ordóñez e os casos de brutalidade policial.
Na cultura popular
A.C.A.B.: All Cops Are Bastards: película italiana de 2012. ACAB: canción do grupo de Oi! Non Servium con Evaristo Páramos.
Notas
Categoría:Acrónimos Categoría:Brutalidade policial